Imaxe médica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/resumo
Liña 10:
A [[fluoroscopia]] é quen de producir imaxes en tempo real de estruturas do interior do corpo; isto prodúcese dun xeito semellante á [[radiografía]], mais emprega unha entrada constante de [[raios X]]. Os medios de contraste, como poden ser o bario ou o iodo, ademais do ar, son empregados para visualizar como funcionan os órganos internos.
 
A fluoroscopia é utilizada tamén en procedementos guiados por imaxe cando durante o proceso é requeridarequirida unha realimentación constante.
 
=== Resonancia Magnética Nuclear (RMN) ===
Un instrumento de imaxes por resonancia magnética (scaner MRI), emprega imaxes de elevada potencia para polarizar e excitar núcleos de hidróxeno (xa que o hidróxeno só posúe un protón) contra moléculas de auga do tecido humano, producindo un sinal detectábel que está codificado espacialmente producindo imaxes do corpo humano. En resumenresumo, a MRI implica o uso de tres clases de campos electromagnéticos: un campo magnético estático moi forte para polarizar os núcleos de hidróxeno, denominado campo estático, dunha orde de unidade de teslas; un campo variante (no tempo, da orde de 1 kHz) máis feble para a codificación espacial, denominado campo de gradiente; e un campo de radiofrecuencia feble para a manipulación dos núcleos de hidróxeno para producir sinais medíbeis, recollidas mediante unha antena de radio-frecuencia. Como a [[tomografía computarizada]], a MRI crea polo xeral unha imaxe 2D dunha "rebanda" fina do corpo, e por tanto é considerada unha técnica de imaxe tomográfica.
 
Os instrumentos modernos de MRI son quen de produciren imaxes en forma de bloques 3D. A diferenza da TAC, MRI non implica o uso de radiación ionizante, e polo tanto non está asociada aos mesmos riscos para a saúde dos pacientes; por exemplo, non hai efectos coñecidos a longo prazo pola exposición a campos estáticos fortes, e non hai, por este motivo, limitación ningunha no número de exploracións ás que unha persoa pode ser exposta. Isto non acontece así na tomografía computarizada e na radioloxía, onde canto máis número de exploracións realizadas, maior risco existe para os pacientes de padeceren complicacións futuras, como por exemplo [[cancro]]s.