Molécula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 108:
 
As propiedades [[óptica]]s dun material son determinadas polo seu comportamento no campo eléctrico alternante dunha [[Luz|onda de luz]] e a polarizabilidade das súas moléculas. Como a polarizabilidade está directamente relacionada coa [[refracción]] e [[difusión da luz]], a actividade óptica e outros fenómenos similares son estudados pola [[óptica molecular]].
== Propiedades magnéticas ==
As moléculas e macromoléculas da maioría de compostos químicos son [[diamagnetismo | diamagnéticas]]. A susceptibilidade das moléculas (χ) a formar orgánicos compostos pódese expresar como a suma das ligazóns individuais de χ.
 
As moléculas con momento magnético permanente son [[paramagnetismo|paramagnéticas]]. É o caso da maioría de [[elemento químico|elementos]] e de algúns [[composto químico|compostos]] químicos.<ref name="Param">{{Cita web|autor= Richard Fitzpatrick |título= Paramagnetism |editor= Universidade de Texas e Austin |data= 2 febreiro 2006 |dataacceso= 27 maio 2013 | url = http://farside.ph.utexas.edu/teaching/sm1/lectures/node62.html |lingua= en}}</ref> Son exemplos as moléculas cun número impar de electróns na capa externa (como o [[óxido nitroso|N<sub>2</sub>O]] e os radicais libres) e as moléculas con átomos que teñen unha capa interna incompleta ([[metal de transición|metais de transición]], etc.).
 
==Notas==