Diferenzas entre revisións de «Espazo exterior»

corrixo lingua
(corrixo lingua)
{{Sen referencias|data=febreiro de 2014}}
[[Ficheiro:Edge of Space (es).png|thumb|175px|Capas da atmosfera (non esta a escala).]]
O '''espazo exterior''' ou '''espazo baleiro''', tamén simplemente chamado ''espazo'', refírese ás rexións relativamente baleiras do [[universo]] fóra das [[atmosfera]]s dos corpos celestes. Úsase espazo ''exterior'' para distinguilo do [[espazo aéreo]] (e as zonas terrestres). O espazo exterior non está completamente baleiro de materia (é dicir, non é un [[Baleiro (física)|baleiro perfecto]]) senón que contén unha baixa densidade de partículas, predominantemente gas [[hidróxeno]], así como [[radiación electromagnética]]. Aínda que se supón que o espazo exterior ocupa practicamente todo o volume do universo e durante moito tempo considerouse practicamente baleiro, ou repleto dunha sustanciasubstancia chamada [[Éter (física)|éter]], agora sábese que contén a maior parte da materia do universo. Esta materia está formada por radiación electromagnética, partículas cósmicas, [[neutrino]]s sen [[masa]] e mesmo formas de materia non ben coñecidas como a [[materia escura]] e a [[enerxía escura]]. De feito no universo cada un destes compoñentes contribúe ao total da [[materia]], segundo estimacións, na seguinte proporción: materia condensada fría (0,03%), materia estelar (0,5%), neutrinos (partículas sen masa, 0,3%), materia escura (25%) e enerxía escura (75%). A natureza física destas últimas é aínda apenas coñecida. Só se coñecen algunhas das súas propiedades polos efectos gravitatorios que imprimen no período de revolución das [[galaxia]]s, por unha banda, e na [[expansión acelerada do universo]] ou [[inflación cósmica]], por outro.
 
== Límite da Terra ==