Menendo II Gundisalviz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Morte violenta ==
O último acto testemuñado de Mendo foi confirmar unha carta do [[mosteiro de San Pedro de Rocas]] en 1007. Foi mencionado nunha demanda resolta a prol do conde [[Munio Fernández]] a comezos de 1008, mais como non confirmou o resultado é probábel que estivera en Galiza. Oito meses despois, o 6 de outubro de 1008, morreu dun xeito violento en circunstancias pouco claras{{sfn|Collins|2014|p=163}}. O historiador islámico [[Ibn Khaldun]], que data a súa morte no [[ano da héxira]], sitúaa entre o 17 de setembro de 1007 e o 4 de setembro de 1008, pero a data proporcionada polo ''[[Chronicon Lusitanum]]'' é máis fiábel. Anótase que «no ano 1046 da [[era hispánica]], o día anterior ás [[Calendario romano#Denominaci.C3.B3n dos d.C3.ADas|nonas]] de outubro, o conde Mendo foi asasinado»{{sfn|Flórez|1796|p=417|ps=: ''Æra 1046. II. Non. Octobris occisus fuit Comes Menendus''.}}.
 
Os textos de Ibn Khaldun e o Chronicon suxiren que Mendo finou violentamente, probabelmente asasinado{{sfn|Collins|2005|p=685}}{{sfn|Reilly|1988|p=22}}. O conde Munio foi sospeitoso de ordenar o seu asasinato co obxectivo de usurpar a rexencia{{sfn|Durany Castrillo|Rodríguez González|2004|p=196}}. Os seus plans foron desbaratados pola raíña Elvira García, que proclamou que Afonso, aos seus catorce anos, era maior de idade{{sfn|Martínez Díez|2007|p=74}}. Ao redor de 1013 Afonso casou con [[Elvira Méndez]], a filla de Gonzalo. Tiveron un fillo, [[Vermudo III]], quen o sucedeu no trono, e unha filla, [[Sancha I de Galicia|Sancha I de Galiza]], quen casou co conde [[Fernando I de León]] e chegou ao trono leonés con el. Elvira morreu o 2 de decembro de 1022{{sfn|Martínez Díez|2007|pp=120–21|ps=. Véxase p. 125 para as datas estimadas destes netos de Mendo.}}. En 1014 Afonso V confirmou todas as pertenzas do mosteiro de Guimarães, o cal fora fundado pola avoa de Mendo, [[Mumadona Díaz]].
 
Suxeriuse que quizais Mendo foi asasinado mentres defendía Portugal dun ataque viquingo. Segundo a derradeira saga islandesa ''[[Heimskringla]]'', os viquingos so a dirección de [[Olaf Haraldsson]] atacaron Gunnvaldsborg, posibelmente identificado como un topónimo descritivo que significa 'cidade de González' (en latín *''Gundisalvus-burgus'') e indicando [[Tui]], que se atopaba dentro do ducado de Mendo e é independentemente coñecido por ser destruído polos viquingos nesta época{{sfn|Almazán|1986|p=115}} . Hai un documento latino de 1024 que leva a rúbrica ''Tudensis sedes post Normannorum vastationem Ecclesiae Divi Jacobi attributa'', que se podería traducir como: «A sé de Tui foi asignada á [[Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela|igrexa de Santiago]] despois de ser devastada polos homes do norte».
 
== Familia ==