Molécula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 81:
Con todo, non sempre é así. Un exemplo de moléculas que non cumpren a regra da aditividade son as moléculas orgánicas planas con ligazóns [[sistema conxugado|conxugados]], é dicir, cunha alternancia de ligazóns simples e ligazóns múltiples. A forte deslocalización dos estados dos electróns estabiliza a molécula.
 
Na maioría de casos, o [[spin]] total dos electróns de valencia dunha molécula é cero. As moléculas con electróns non apareados ([[Radical (química)|radicais libres]] como o [[hidróxeno]] monoatómico ou o grupo [[metil]], [[carbono|C]][[hidróxeno|H]]<sub>3</sub>) adoitan ser inestables, xa que cando interaccionan prodúcese unha redución importante de enerxía debido á formación de ligazóns covalentes.<ref name="Exrx">{{Cita web|título= Free Radical Introduction |editor= ExRx.net |dataacceso= 26 maio 2013 | url = http://www.exrx.net/Nutrition/Antioxidants/Introduction.html}}</ref>
== Interaccións intermoleculares ==
{{Principal | Forza intermolecular}}
A interacción intermolecular é a interacción entre moléculas de [[carga eléctrica | carga neutra]] no espazo. A natureza das interaccións intermoleculares varía segundo a [[Polaridade química|polaridade]]. Non se soubo gran cousa ata a emerxencia da [[mecánica cuántica]].
 
As forzas intermoleculares son débiles en comparación coas intramoleculares. Por exemplo, a ligazón covalente presente nas moléculas de [[ácido clorhídrico]] (HCl) é moito máis forte que as forzas presentes entre as moléculas veciñas, cando as moléculas están o suficientemente preto unhas das outras.
 
As interaccións de orientación intermoleculares prodúcense entre as moléculas polares, é dicir, as que teñen o seu propio momento de dipolo. A interacción dos momentos de dipolo determina como será a forza resultante: atracción ou repulsión. Se os momentos de dipolo das moléculas están configurados en liña das moléculas, intensifícase.
 
As interaccións intermoleculares de tipo inductivo prodúcense entre unha molécula polar e unha non polar. Neste tipo de interacción, a molécula polar polariza a molécula non polar. A carga eléctrica da molécula polar distorsiona a nube de electróns da molécula non polar.<ref name="Boundless">{{Cita web|título= Ion-Dipole Force |editor= Boundless | url = http://www.boundless.com/chemistry/liquids-and-solids/intermolecular-forces/ion-dipole-force |lingua= en}}</ref>
 
==Notas==