Egon Schiele: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Básico de es.wiki
 
mSen resumo de edición
Liña 2:
'''Egon Leo Adolf Schiele''', nado en [[Tulln an der Donau]], [[Imperio Austrohúngaro]] o [[12 de xuño]] de [[1890]] e finado en [[Viena]] o [[31 de outubro]] de [[1918]], foi un [[Pintura|pintor]] e [[gravado]]r [[Austria|austríaco]], contemporáneo e discípulo de [[Gustav Klimt]].
 
== Traxectoria ==
Foi un dos grandes artistas figurativos de principios do século XX e xunto con [[Oskar Kokoschka]] formou o que se coñece por [[expresionismo]] austríaco. A súa vida estivo rodeada por unha aura de misticismo: de talento moi precoz, faleceu aos 28 anos. A pesar da súa curta vida, a súa obra é moi extensa: unhas trescentas corenta pinturas e dúas mil oitocentas [[acuarela]]s e debuxos. Na súa obra creativa figuran tamén poemas e experimentos fotográficos. O seu particular estilo situouno entre os movementos expresionistas, especialmente da [[Secesión vienesa]], cunha tipoloxía moi persoal.