Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 75:
Alertado por este informe, ás 03:30 do [[21 de maio]], o Almirantado pediu un recoñecemento aéreo da costa norueguesa. Un [[Supermarine Spitfire|Spitfire]] de recoñecemento atopou e fotografou ao ''Bismarck'' no [[fiorde de Grimstad]] (60°19.49′N 5°14.48′E), preto de [[Bergen]] ás 13:15, e menos de dúas horas despois o ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' atracaron na cidade norueguesa. Con esta importante información, a [[Home Fleet]] británica enviou aos acoirazados ''[[HMS Prince of Wales]]'' e ''[[HMS Hood (51)|HMS Hood]]'', escoltados por un feixe de destrutores, cara [[Islandia]]. Catro cruceiros foron cubrir a vía de escape cara o Atlántico Norte do [[estreito de Dinamarca]] e o oco entre as [[Feroes]] e Islandia.
 
As ordes operacionais do ''Bismarck'' non requirían que repostase en Bergen (o ''Prinz Eugen'' fíxoo por necesidade), e o acoirazado non tomou combustible extra no día que pasou no Grimstadfiord. Este feito tería posteriormente consecuencias serias para o barco, sobre todo porque saira dende Gotenhafen sen que os tanques estivesen completamente cheos e xa consumira unha décima parte da súa carga durante a viaxe ata [[Noruega]]. O Almirante Lütjens sabía que un barco de repostaxe, o ''Weissenberg'', estaba agardando por eles no [[Ártico]], a polo menos un día de navegación. Foi estraño que, aínda tendo esta información, non aproveitase esa oportunidade de repostar o ''Bismarck'' para a que podería ser unha perigosa viaxe. Por outra banda, a súa decisión de parar en [[Bergen]] revocourevogou unha decisión anterior de dirixirse directamente cara o Ártico e o ''Weissenberg''. Isto tamén lles fixo perder un día e expúxoos á detección da vixilancia aérea británica.
[[Ficheiro:Rheinuebung Karte2.png|miniatura|300px|Mapa da Operación Rheinübung e operación británicas para dar caza ao ''Bismarck'']]
Ás 19:45 do [[21 de maio]] Lütjens botouse ao mar, separándose da súa escolta de destrutores a primeiras horas do [[22 de maio]]. Dirixíndose cara o norte, e posteriormente cara o noroeste a 24 nós, a frota alemá avanzou a bo ritmo e sen incidentes polo [[mar de Noruega]] cara o estreito de Dinamarca entre [[Islandia]] e [[Groenlandia]], a porta de entrada ao [[Atlántico]]. Este tortuoso curso ía en contra das recomendacións do Grupo Norte de entrar no océano pola ruta que ía entre Islandia e as [[illas Feroe]]. Tamén estaba demasiado ao sur para citarse co ''Weissenberg'' e repostar o ''Bismarck''. Porén, mentres estiveron en augas do [[círculo polar ártico]], o ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' non foron detectados polo recoñecemento aéreo británico, que estaba demasiado ao sur. Coa mente no asalto de convois, Lütjens agardaba unha ruptura doada no Atlántico axudada pola brétema, pero eses plans foron frustrados.