Lev Kamenev: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Kámenev era fillo dun traballador ferroviario xudeu, e dunha ama de casa rusa ortodoxa<ref>See AlbVerert S. Lindemann. 'As bagoas de Esaú: Moderno antisemitismo e a subida dos xudeus'', Cambridge University Press, 1997, ISBN 0-521-79538-9''</ref>. En [[1901]] afiliouse ao [[Partido Socialista Democrático dos Traballadores]], e á súa facción bolxevique cando o partido se divide entre bolxeviques e [[Menxeviques]] en agosto de [[1903]].<ref>Para un resumo das actividades revolucionarias de Kámenev entre 1901 e 1907, ver a “Colección de Traballos” de Vladímir Lenin, volumen XX, International Publishers, 1929, ISBN 1-4179-1577-3 p.353</ref> Foi á escola en [[Tiflis]], [[Xeorxia]], e estudou na [[Universidade de Moscova]], interrompendo os seus estudos en [[1902]] por unha detención. Desde ese momento, foi un revolucionario profesional, traballando en [[San Petersburgo]] , [[Moscova]] e [[Tiflis]]. Kámenev casou cunha camarada marxista (irmá de [[Lev Trotski]], [[Olga Kámeneva]], a principios de [[1900]], e a parella tivo dous fillos.
 
Durante unha curta viaxe ao estranxeiro en [[1902]], Kámenev coñeceu aos líderes Socialdemócratas que vivían no exilio, incluíndo a [[Vladimir Ilyich Ulyanov|Vladímir Ilyich Ulyánov]] "Lenin", co que se asocia e se convirteconverte nun íntimo colaborador. Tamén visitou [[París]] e coñeceu ao grupo “Iskra”. Despois de asistir ao III Congreso do [[Partido Socialista Democrático dos Traballadores|Partido]] en [[Londres]], en marzo de [[1905]], Kámenev volve a Rusia e participa na [[Revolución Rusa de 1905]] en San Petersburgo en outubro-decembro. Volveu a Londres para asistir ao V Congreso do [[Partido Socialista Democrático dos Traballadores]], onde foi elixido para o Comité Central do Partido, e ao Centro Bolxevique, en maio de [[1907]], pero foi arrestado logo da súa volta a Rusia. Kámenev foi liberado de prisión en [[1908]], viaxando ao estranxeiro máis tarde para axudar a Lenin na revista bolxevique [[Proletarios]]. Despois da ruptura de Lenin con outro vello bolxevique, [[Alexander Bogdanov]], a mediados de [[1908]], Kámenev e [[Grigory Zinoviev]] chegaron a ser os principais axudantes de Lenin no exterior. Axudárono a expulsar a Bogdanov e os seus [[Otzovist]] (revocadores) seguidores da facción bolxevique do [[Partido Socialista Democrático dos Traballadores]] a mediados de [[1909]].
 
En xaneiro de [[1910]], leninistas, seguidores de Bogdanov e varias faccións menxeviques tiveron unha reunión do Comité Central do Partido en París, e trataron de reunificar o partido. Kámenev e Zinoviev tiveron dúbidas ao respecto da idea, pero víronse obrigados a aceptar baixo a presión dos bolxeviques “conciliadores” como [[Víktor Nogin]]. Lenin era un claro opositor a calquera reunificación, pero estaba en minoría dentro dos líderes bolxeviques. A reunión acadou un intento de acordo, e un dos seus acordos fixo ao [[Pravda]] de Trotski un “órgano central” financiado polo partido. Kámenev, cuñado de Trotski, sumouse ao equipo editorial polos bolxeviques, pero os intentos de unificación fracasaron en agosto de [[1910]] cando Kámenev renunciou a formar parte do equipo redactor por mutuas recriminacións.
 
Despois do fracaso no intento de reunificación, Kámenev continuou traballando no “Proletario” e establece a escola bolxevique do partido en Longjumeau, preto de París,<ref>Ver Adam Bruno Ulam. ''Stalin: O home e o seu tempo'', Boston, Beacon Press, 1973, ISBN 0-8070-7005-X p.112</ref> que foi creada como unha alternativa leninista á escola de Bogdanov con base en Capri. En xaneiro de [[1912]], Kámenev axudou a Lenin e a Zinoviev a convencer aosos delegados na Conferencia Bolxevique de Praga para separarse dos Menxeviques e dos Otzovists. En xaneiro de [[1914]], foi enviado a San Petersburgo para dirixir o traballo da versión bolxevique de Pravda, e a facción bolxevique da [[Duma]]. Kámenev foi arrestado despois do estalido da [[Primeira Guerra Mundial]] e é levado a xuízo, onde se distancia da posición antibelicista de Lenin. Kámenev foi exiliado a [[Siberia]] a principios de [[1915]], e pasaron dous anos ata que foi liberado na [[Revolución de Febreiro]] de [[1917]].
 
== Antes da Revolución de 1917 ==
Logo da súa volta a San Petersburgo ([[Petrogrado]] desde [[1914]]) desde o exilio siberiano a mediados de marzo de [[1917]], Kámenev e os membros do Comité Central [[Iósif Stalin]] e [[Matvei Muranov]] tomaron o control do resucitado Pravda Bolxevique, movéndose cara aá dereita, con Kámenev dirixindo a política de soporte condicional ao recentemente formado [[Goberno Provisional Ruso, 1917|Goberno Provisional Ruso]], e unha reconciliación cos menxeviques. Despois do retorno de Lenin a Rusia o [[3 de abril]] de [[1917]], Kámenev resistiuse brevemente á antigobernamental [[Tese de Abril]] de Lenin, pero pronto se aliñou con el e apoiouno ata setembro.
 
Kámenev e Zinoviev opuxéronse a Lenin na toma do poder en outubro de [[1917]].<ref>p.221, David Evans e Jane Jenkins, ''Anos de Rusia e da URSS USSR 1851-1991'', Hodder Murray, 2001</ref> O [[10 de outubro]] de [[1917]] (do [[calendario xuliano]]), Kámenev e Zinoviev foron os dous únicos membros do Comité Central que votaron en contra dunha revolta armada. As súas publicacións e unha carta aberta onde se opuñan ao uso da forza propugnada por Lenin, publicada no xornal independente de M. Gorki, que pediu a súa [http://www.marx2mao.com/Lenin/LPM17.html expulsión do partido]. Porén, cando os bolxeviques lideraron o [[Comité Militar Revolucionario]], dirixido por [[Adolph Joffe]] e o [[Soviet de Petrogrado]], liderado por Trotski, convocando o levantamento, Kámenev e Zinoviev sumáronse. No segundo Congreso Soviético de Todas as Rusias, onde se formaliza o golpe do 25-26 de outubro, Kámenev foi elixido presidente do Congreso, e Xefe do permanente [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias]]. O último posto era equivalente a xefe de estado baixo o sistema soviético, aínda que o poder real estivo nas mans do Comité Central Bolxevique.
O [[29 de outubro]] de [[1917]], tres días antes da toma do poder dos bolxeviques durante a [[Revolución de Outubro]], o comité executivo do sindicato nacional de traballadores de ferrocarrís, [[Vikzhel]], ameazou cunha folga nacional a nonon ser que os bolxeviques compartirancompartisen o poder cos outros partidos socialistas e apartaran do goberno aos líderes insurrectos, Lenin e Trotski. Zinoviev, Kámenev e os seus aliados no Comité Central Bolxevique argumentaron que os bolxeviques non tiñan outra elección que a de iniciar [[Negociacións Vikzhel|negociacións]], xa que unha folga de ferrocarrís podería diminuír a capacidade do goberno de loitar contra as forzas que aínda eran leais ao [[Goberno Provisional Ruso|Goberno Provisional]].<ref>Por conta das discusións dentro do liderado bolxevique en novembro de 1917, ver Elizabeth A. Wood. ''A avoa e o camarada: Xenero e Políticos da Rusia Revolucionaria'', Indiana University Press, 1997, ISBN 0-253-21430-0 p. 70</ref> Porén, Zinoviev e Kámenev brevemente tiveron o apoio da maioría do Comité Central, e as negociacións iniciáronse, un rápido colapso das forzas anti-bolxeviques forafóra de Petrogrado, permitiu a Lenin e Trotski convencer aoo Comité Central de abandonar o proceso negociador. Como resposta, Zinoviev, Kámenev, [[Alekséi Rýkov]], [[Vladimir Milyutin]] e [[Victor Nogin]] dimiten do Comité Central o [[4 de novembro]] de [[1917]], e Kámenev dimite do seu posto no Comité Executivo Central. Ao día seguinte, Lenin escribiu unha proclama chamando a Zinoviev e Kámenev “desertores”, non esquecendo nunca o seu comportamento, facendo eventualmente unha ambigua referencia no seu testamento do “Episodio de Outubro”.
 
== Despois da Revolución de 1917 ==
En [[1918]] Kámenev foi nomeado xefe do Soviet de Moscova, e tamén o segundo de Lenin no [[Sovnarkom]] (goberno) e no [[Consello de Traballo e Defensa]]. En marzo de [[1919]], Kámenev foi elixido membro de pleno dereito do primeiro Politburó. As súas relacións persoais co seu cuñado Trotski, que eran boas nas postrimerías daada revolución de [[1917]] e na [[Guerra Civil Rusa]], se deteriorandeterióranse despois de [[1920]] e nos 15 anos seguintes, cando foi íntimo amigo e aliado de [[Grigory Zinoviev]], un home máis ambicioso que Kámenev.
 
== Notas ==