Karl Landsteiner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
O sangue humano posúe de forma natural unhas moléculas coñecidas como anticorpos capaces de reaccionar con outras moléculas dos glóbulos vermellos chamadas antíxenos ou aglutinóxenos, producindo como resultado da interacción antíxeno-anticorpo a súa aglutinación. Estes anticorpos ou isoaglutininas (que non existen no tipo AB) son as responsables da incompatibilidade das transfusións sanguíneas se non se selecciona ou se tipa (é así como se denomina tecnicamente no argot do laboratorio) o sangue a transfundir do doante. Ottenberg en 1911 acuñou o termo de "doante universal" para o grupo O por carecer de antíxenos nos eritrocitos. En 1908 [[Epstein]] e [[Ottenberg]] suxiren que os grupos sanguíneos son hereditarios. En 1910, [[E. von Dungern]] e [[L. Hirszfeld]] descobren que a herdanza destes grupos sanguíneos segue as [[leis de Mendel]] cun patrón dominante para os tipos A e B. En 1927 xunto con [[Philip Levine]], inmunizando coellos, Landsteiner descubriu tres antíxenos máis (M, N e P) similares ós antíxenos dos grupos A e B pero que, a diferenza destes, a súa presenza nos hemacias non supón a existencia no sangue humano normal de aglutininas naturais.
 
Posteriormente en 1940, xunto con [[Alexander Salomon Wiener]], descobre outro antíxeno nos hemacias ó que bautiza como factor Rh, ó acharse no soro de coellos inmunizados con sangue procedente dun mono da India, o [[MacacusMacaca mulatta|macaco Rhesus]]. Un neno que ten o factor Rh, é dicir, é Rh+, pode inmunizar á súa nai Rh- durante a xestación. Esta desenvolve anticorpos específicos anti-Rh que poden no seu segundo embarazo atravesar a placenta e producir o aborto ou unha enfermidade hemolítica no recentemente nado que cursa con ictericia, a temible eritroblastosis fetal. Máis tarde [[Ronald A. Fisher]] describe outros sistemas de antíxenos eritrocitarios e hoxe en día coñécense un total de até 42 antíxenos distintos nos glóbulos vermellos humanos.
 
Grazas ós seus traballos pioneiros en inmunohematoloxía estableceuse a compatibilidade sanguínea entre os distintos sangues dos seres humanos. O descubrimento dos grupos sanguíneos por Karl Landsteiner facilitou o labor da xustiza ó permitir as análises periciais en casos de litixio de paternidade, e o que é máis importante, fixo posible as transfusións sanguíneas seguras baseadas en criterios científicos, evitando os temibles accidentes postransfusionais (hemólisis ou destrución dos glóbulos vermellos e lesións renais) pola falta de compatibilidade sanguínea.