Petróleo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Commonscat
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *alguns e maiúsculas innecesarias
Liña 12:
O petróleo, debido á súa importancia económica e estratéxica, é a principal fonte de renda de moitos países, especialmente no [[Oriente Medio]]), leva xa provocado moitas guerras. Del xa foi dito que "move o mundo".
 
== Orixe do Petróleopetróleo ==
=== Teoría Bioxénicabioxénica ===
O petróleo é o produto da compresión e aquecemento da materia orgánica depositada xunto cos [[sedimento]]s. O soterramento progresivo e consecuente subsidencia desa materia orgánica depositada xuntamente cos sedimentos mariños ou lacustres produce a compactación e formación dunha rocha chamada [[rocha xeradora]]. A materia orgánica, no estado sólido, presente na [[rocha xeradora]] é chamada de [[queróxeno]]. Co incremento de temperatura, as moléculas do queroxeno comezan a ser quebradas, xerando compostos orgánicos líquidos e gasosos, nun proceso denominado [[cataxénese]]. Para que exista unha acumulación de petróleo é necesario que, despois do proceso de xeración, ocorra a migración do óleo e/ou [[gas]] a través das camadas de rochas adxacentes, ata atopar unha [[rocha selante]] e unha estrutura xeolóxica que deteña o seu paso, baixo a cal ocorrerá a acumulación do óleo e/ou gas nunha rocha porosa e permeable chamada [[rocha reserva]]. Aínda que obxecto de moitas discusións no pasado e que aínda continúan na actualidade, esa teoría aínda continúa tendo maior aceptación pola comunidade científica occidental.
 
=== Teoría Abioxénicaabioxénica ===
Petróleo é unha mestura de hidrocarburos primordiais de grande estabilidade termodinámica, formados a altas presións e temperaturas no [[manto]] da terra. Gases primordiais como metano, helio e nitróxeno conducen o petróleo para niveis máis superficiais, aloxándose en espazos porosos, sobre todo en rochas sedimentares, constituíndo os reservatorios. Os hidrocarburos son excelentes nutrientes para bacterias primitivas que viven no interior da terra. Esas bacterias contaminan o petróleo con moléculas biolóxicas chamadas de biomarcadores (biomarkers), alén doutros contaminantes tamén presentes nos sedimentos. Algúns metais, sobre todo níquel e vanadio, mais tamén [[cadmio]], [[arsénico]], [[chumbo]], [[Mercurio (elemento)|mercurio]], platinoides entre outros tamén están asociados ao petróleo e atestan a orixe mantélica. Polo tanto o petróleo non é un combustible fósil, como moitos aínda imaxinan, senón unha substancia orixinalmente inorgánica sobre a cal actúan procesos xeolóxicos posteriormente retraballados por procesos bioloxicos.
 
Liña 36:
 
* Bioloxía
:A vida, como nós coñecemos é baseada no carbono. Os primeiros organismos (arqueobacterias) viven en grandes profundidades no interior da terra, tendo como alimento sobre todo metano e petróleo. O proceso de fotosíntese é moi complicado e foi probabelmente conquistado por esas bacterias primitivas cando houbo localmente falta de nutrintes de hidrocarburos primordiais nas profundidades. Isto pode ter levado a algunsalgúns tipos de microbios a evoluir e conquistaren a superficie da Terra, utilizando a luz solar e desenvolvendo entón a fotosíntese, tornándose neste contexto polo tanto seres autótrofos, mentres outros aínda continuarían sendo quimiosintéticos.
 
=== Por que o petróleo se atopa frecuentemente en cuncas sedimentarias? ===
Liña 45:
Cando se observa a distribución dos campos de óleo e gas ao longo dos arcos como na Indonesia, Golfo Pérsico, nos Apeninos, Alaska, Arco de Barbados en continuidade a Trinidad & Tobago e Venezuela; na evolución do grande rift do Atlántico Sur e outras cuncas riftoxénicas, isto pode ser claramente constatado.
 
== Xeoloxía do Petróleopetróleo ==
Como anteriormente mencionado, o petróleo está asociado con grandes estruturas que comunican a cortiza e o manto da terra. Aínda que moitos xeólogos aínda consideren que o petróleo posa ser formado a partir de substancias orgánicas procedentes da superficie terrestre (detritos orgánicos), isto hoxe non fai sentido. Os avances obtidos na astronomía e astrofísica, na xeofísica, cálculos termodinámicos, estudos de xeoquímica da cortiza e do manto, estudos oceanográficos entre outros, apuntan consistentemente para unha orixe abioxénica do petróleo.