Casa Museo Picasso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
sair
Liña 24:
 
== Historia ==
A familia Picasso zarpousaíu de Málaga o 20 de outubro de 1891 e chegaron a Vigo o día 25, día do décimo aniversario de Picasso. De aí foron en tren ata Compostela e dende alí trasladáronse á cidade da Coruña no coche da Ferrocarrilana. Na Coruña o seu pai fora contratado como mestre de belas artes no [[IES Eusebio da Guarda|Eusebio da Guarda]] onde Picasso foi alumno. Nesas datas A Coruña tiña 32 970 habitantes e Málaga 130 000 habitantes. Residiron na cidade dende outubro de 1891 ata abril de 1895 e alí Picasso fixo as súas primeiras pinturas ao óleo. Debuxou retratos e caricaturas en revistas feitas a man por el mesmo con títulos como "La Coruña", "Azul y Blanco" ou "Torre de Hércules". Pintou tamén diversas rúas da cidade, o porto, as xentes e retratos delas. Picasso chamaba á Coruña: A cidade do vento. A primeira exposición de Picasso tivo lugar no número 20 da [[Rúa Real (A Coruña)|rúa Real]] cando tiña 13 anos. En 1895 morreu na Coruña a súa irmá Conchita de difteria e a familia decidiu marchar a Barcelona.
 
En 1970 entre un lote de libros vellos na librería do coruñés Matías, situada moi preto da casa de Picasso, atopouse un dos cadernos de Picasso. Son páxinas con varias sinaturas e debuxos do xove artista<ref>[http://elpais.com/diario/1983/11/10/cultura/437266802_850215.html En La Coruña conservan los primeros recuerdos escolares y pictóricos de Picasso] {{es}}</ref>.