Mecópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
}}
 
Os '''mecópteros''' ('''Mecoptera'''), do [[grego antigo|grego]]: ''meco-'' =, 'longo' e ''-ptera'' =, 'ás', son unha [[Orde (bioloxía)|orde]] de [[insecto]]s cunhas 550 especies distribuídas en nove [[Familia (bioloxía)|familias]] que se encontran en practicamente todo o mundo. A maior das súas familias é [[Panorpidae]], que se denominan ás veces moscas escorpión, porque os seus xenitais están agrandados e parecen o aguillón dun [[escorpión]]. Os [[Bittacidae]] son outra familia importante de corpos alongados coñecidos polos seus elaborados rituais de apareamento, nos cales as femias elixen os machos baseándose na cantidade de presas de regalo que lles ofrezan os diversos machos.
 
Aínda que os mecópteros modernos son na súa inmensa maioría predadores ou consumidores de organismos mortos, os primeiros que apareceron na historia deste grupo puideron ter desempeñado un importante papel ecolóxico como [[polinización|polinizadores]] de extintas [[ximnospermas]] antes de que aparecesen outros insectos polinizadores.<ref name="Ollerton">Ollerton J. Coulthard E. (2009). Evolution of Animal Pollination. Science, 326: 808-809. {{DOI|10.1126/science.1181154}}</ref><ref name="Ren">Ren D, Labandeira CC, Santiago-Blay JA, Rasnitsyn A, Shih CK, Bashkuev A, Logan MA, Hotton CL, Dilcher D. (2009). Probable Pollination Mode Before Angiosperms: Eurasian, Long-Proboscid Scorpionflies. Science, 326 (5954), 840-847. {{DOI|10.1126/science.1178338}}</ref>