Exiptoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: excavación → escavación (2) using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *avanzos
Liña 28:
As escavacións científicas foron moi intensas a partir das dúas últimas décadas do [[século XIX]]: escavouse moito en [[Nubia]] ao construírse e logo ampliarse o [[encoro de Asuán]], por exemplo, e en moitas outras ocasións nas que o obxectivo foi o salvamento; o [[Val dos Reis]], en [[Tebas, Exipto|Tebas]] e as [[momia]]s dos reis do Imperio Novo en [[Deir el-Bahri]]; a tumba de [[Tutankhamón]] ([[1922]], [[Howard Carter]], ao servizo de [[Lord Carnavon]]), ou a tumba de Heteferes ([[1925]], [[G. A. Reisner]], en [[Giza]]); [[El-Amarna]],...
 
A comezos do [[século XX]], [[F.L. Griffith]] e [[Wilhelm Spiegelberg]] realizaron os avanzosavances máis grandes na compresión das escritas [[Demótico exipcio|demótica]], cursiva e na lingua dos Períodos tardío e grecorromano; [[Adolf Erman]] estudou as fases máis antigas da [[lingua exipcia]]; En [[1927]], sir [[Alan Gardiner]] publicou unha gramática do exipcio do Imperio Medio que aínda hoxe é a referencia. En [[1944]], [[H. J. Polotsky]] publicou un estudo revolucionario dalgúns aspectos da gramática exipcia e [[lingua copta|copta]]; o dicionario de Adolf Erlman e Hermann Grapow, en once volumes ([[1926]]-[[1953]]), é tamén a obra de referencia.
 
Fundáronse numerosas institucións estranxeiras dedicadas aos estudos exiptolóxicos, como o Fondo para a Exploración de Exipto, o Instituto Francés de Arqueoloxía Oriental de Cairo ou o Instituto Arqueolóxico Alemán, así como centros de estudo específicos en [[Bruxelas]], [[Chicago]], [[Turín]] etc.