Aguia real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Almaffi (conversa | contribucións)
Liña 60:
 
=== En España ===
A aguia real está amplamente distribuída por España, aínda que moi ligada a ambientes rupícolas. De feito as poboacións máis numerosas atópanse no [[Sistema Ibérico]], as [[Cordilleiras Béticas|Serras Béticas]] (189-216 parellas no 2016<ref name="quercus364"></ref>), [[Serra Morena]](170-195 parellas no 2016<ref name="quercus364"></ref>) e os [[Pireneos]]. Porén, é inexistente nas [[meseta]]s, na zona do [[Río Guadalquivir|Guadalquivir]], nas [[Illas Canarias]] e nas [[Illas Baleares]]. Por outra banda, é escasa en Galicia e na costa Cantábrica. Historicamente a especie sufriu un forte descenso entre os anos 1960 e 1990. Posteriormente, grazas ás medidas conservacionistas, a especie entrou nun fase máis estable e, nalgunhas zonas, de lixeiro crecemento. Coma exemplo citar [[Andalucía]], que contaba cun 333 parellas no 2008, aumentando ata 340 parellas no 2014<ref name="quercus364"></ref>. En 2008 a SEO estimaba a poboación da aguia real dunhas 1.553 a 1.769 parellas. Catro comunidades autónomas: [[Andalucía]], [[Aragón]], [[Castela-A Mancha]] e [[Castela e León]], contaban co 70 % da devandita poboación, aínda que [[A Rioxa]], [[Navarra]] e a [[Comunidade Valenciana]] presentaban uns mellores datos de densidade.<ref>El aguila real en España. Población reproductora en 2008 y método de censo. Proyecto promovido y
publicado por SEO/Birdlife {{es}}</ref>: