Amniotas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
m →‎Características: Vitelo (ovo)
Liña 35:

== Características ==
Os amniotas teñen un [[embrioxénese|desenvolvemento embrionario]] que inclúe a formación de varias membranas: o [[amnio]], o [[córion]] e o [[alantoide]]. Os amniotas desenvólvense directamente nunha forma tipicamente terrestre, con membros e un epitelio espeso e estratificado, en vez de entraren nun estadio larvar seguido de metamorfose como acontece nos [[anfibios]]. Nos amniotas, a transición da periderme cara un [[epitelio]] córneo, é disparada por unha [[hormona]] da [[tiroide]], durante o desenvolvemento embrionario (noutros tipos de animais este proceso dáse por metamorfose). As características embrionicas específicas dos amniotas poden reflectir especializacións dos ovos de maneira que poidan sobrevivir a ambientes máis secos. A dimensión dos ovos e o seu gran contido en [[Vitelo (ovo)|vitelo]] poden beneficiar o desenvolvemento directo en formas que acadan maiores dimensións.

[[Ficheiro:Anatomy of an amiotic egg.svg|miniatura|esquerda|250px|Anatomía dun ovo amniota
1. Casca
2. Membrana externa
3. Membrana interna
4. Chalaza
5. [[Albume]] externo
6. Albume medio
7. [[Membrana vitelina]]
8. Núcleo
9. Disco xerminativo ([[blastodermo|blastoderma]])
10. Xema amarela
11. Xema branca
12. Albume interno
13. Chalaza
14. Cámara de aire
15. [[Cutícula do ovo|Cutícula]]]]