Retrato do artista cando novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Arranxiños.
Isili0n (conversa | contribucións)
*Pubertade > puberdade.
Liña 25:
'''''Retrato do artista cando novo''''' é a primeira novela do escritor irlandés '''[[James Joyce]]''', publicada en 1916 co título orixinal en [[lingua inglesa]] de ''A Portrait of the Artist as a Young Man''. Foi traducida ao galego por [[Vicente Araguas]], e publicada en 1994 por Laiovento.
 
Nela dáse conta do espertar relixioso e filosófico do protagonista, Stephen Dedalus, o ''[[alter ego|álter ego]]'' ficticio do escritor. O personaxe cuestiona os principios católicos asentados en [[Irlanda]] baixo os que foi educado e culmina a súa rebelión contra os mesmos co seu exilio no continente europeo.
 
Esta obra provén doutra anterior proxectada en 1903 baixo o título de ''Stephen Hero'', unha novela autobiográfica de Joyce. Porén, o autor mudou a estrutura desta primeira novela e a reconverteu na que finalmente sería publicada en 1916 cun novo enfoque que permite adentrarse na consciencia de Dedalus. ''Retrato do artista cando novo'', xunto coa compilación de historias curtas publicada en 1914, ''[[Dublineses]]'', valeulle a James Joyce a consideración como un dos mellores escritores do Modernismo da literatura en lingua inglesa e un dos máis infuentes do século XX.
Liña 37:
Debido ás débedas do patriarca, a familia debe mudarse a [[Dublín]] e Stephen consegue unha bolsa de estudos do seu reitor anterior para asistir ao colexio xesuíta de Belvedere, onde de novo destaca pola súa intelixencia e sitúase á cabeza da clase. Neste etapa a distancia entre el e o seu pai, bebedor habitual, faise evidente.
 
Co diñeiro obtido dun premio escolar e xa na pubertadepuberdade, Stephen comeza a vagar polos barrios de prostitutas e se deixa levar polo pracer carnal. Pouco despois realízase no colexio unha xornada de retiro espiritual na que se insta aos alumnos a confesa-los seus pecados. Stephen sente que as palabras do sermón do cura van dirixidas a el e, abrumado pola culpa, corre na procura dunha igrexa onde non o coñezan e poida confesa-los seus vicios no anonimato. A partir dese momento o personaxe séntese en comuñón coa Igrexa e trata de levar unha vida digna e exemplar conforme ao dogma cristiano. A súa devoción non pasa desapercibida para os xesuítas, quen lle proponen unirse á orde. Stephen alberga serias dúbidas e as súas crenzas relixiosas entran en conflito coas súas aspiracións estéticas, polo que remata por rexeita-lo ofrecemento. Co paso do tempo o protagonista perde esa devoción relixiosa en favor da estética, como se amosa nunha ocasión na que se cruza cunha moza e sofre unha epifanía pola que sente a necesidade de expresar toda a súa beleza por medio da escritura.
 
Unha vez na Universidade, Stephen desconfía cada vez máis de toda institución relixiosa, educativa, política ou incluso familiar. A familia atópase en precariedade económica e a nai de Stephen trata de facer que o seu fillo recobre a fe e volva achegarse á Igrexa. O personaxe séntese cada vez máis alienado e afastado da Igrexa e só concibe a súa teoría estética, a cal decide compartir cos seus amigos, quen non comprenden a súa falta de devoción nin a afanosa busca da estética do artista.