Séneca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Suicidas mediante HotCat
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/sentenza e revogar
Liña 6:
Séneca sempre tivo unha saúde enfermiza, especialmente debido á [[Asma (doenza)|asma]] que padecía dende a súa infancia. Tanto é así que chegou a escribir que o único que lle impedía [[suicidio|suicidarse]] era a tristeza que sentiría o seu pai cando o perdera.
 
No ano 31 volveu a Roma, onde foi nomeado [[Cuestor]], feito co que iniciou o seu [[cursus honorum]], no que pronto destacou polas súas grandes facultades de escritor e orador. No ano 37, cando o emperador [[Calígula]] sucedeu a [[Tiberio]], Séneca convertérase no principal orador do [[Senado]] e xa provocara a envexa e os celos do novo e megalómano César, o cal ordenou a súa execución. Pénsase que foi unha muller próxima ao círculo máis íntimo de Calígula a que conseguiu que este revocararevogara a sentenciasentenza ao afirmar que Séneca padecía tuberculose e pronto falecería por si mesmo. Como consecuencia disto, Séneca retirouse da vida pública.
 
No ano 41, coa morte de Calígula e coa entronización de [[Claudio]], Séneca, que continuaba sendo unha persoa relevante dentro do estamento político romano, foi de novo condenado á morte. Esta vez a pena cambiouse por un desterro a [[Córcega]]. A sentenciasentenza oficial acusábao de adulterio con [[Xulia Livilla]], irmá de Calígula. É bastante improbable que isto fose certo pero descoñécense as causas reais. O máis probable é que fose condenado porque a esposa de Claudio, a célebre [[Valeria Mesalina]], considerábao perigoso xa que a entronización de Claudio producírase contra a oposición do Senado e Séneca, que debido ao seu prestixio como orador, era un dos senadores máis influentes.
 
== Exilio en Córcega e retorno a Roma ==