O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 88.11.39.196 (conversa); cambiado á última versión feita por Jglamela
Liña 25:
Na [[Coruña]] exponse outro gran belén, inaugurado en [[1923]] e restaurado en [[2001]], que representa o mapa de [[Xerusalén]], ocupando unha superficie de 120 metros cadrados. Tralo belén, pende un gran pano pintado por [[Camilo Díaz Baliño]].
 
Ao tradición apócrifa sitúa o nacemento de Xesús nunha humilde corte de pastores, quentado por un [[vaca|boi]] e un [[burro]] ou unha [[mula]]. Disque o boi quentaba ó Neno co seu bafo, mentres que a mula aproveitaba para lle come-la palla do presebe. Por esta actitude ingrata da mula, Deus condenouna á esterilidade.
 
Na [[comarca da Limia|Limia]] foi un [[Carrizo (paxaro)|carrizo]] quen quixo rouba-la palla e o castigo foi ser condenado a se-lo paxaro máis pequeno de todos cantos hai.