Galagidae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 44:
== Estrutura social ==
 
Xeralmente, a estrutura social dos Galagidae ten aspectos sociais e aspectos de vida solitaria. Isto pode verse nos seus xogos. Pendúranse das pólas ou gabean alto e arroxan cousas. Os xogos sociais inclúen xogos de loitas, de acicicalamento e de seguimento. Cando realizan o xogo de seguimento, dous gálagos choutan esporadicamengte e perséguense uns a outros polas árbores. Os individuos máis vellos do grupo prefiren repousar sós, pero os novos están en constante contacto entre si.<ref name="daily life">{{cite journal | last = Witt| first = Cornelia| title = Preliminary observations on the social behaviour of the greater galago, ''Galago agisymbanus'' Coquerel, 1859, in captivity| journal = Anthropologischer Anzeiger| pages =193–203 | date = September 1982}}</ref> Isto obsérvase na especie ''Galago garnettii'' (ou ''Otolemur garnettii''). As nais adoitan deixar as crías soas durante longos períodos de tempo e non intentan impedir que as crías se separen delas. Ao contrario, as crías tratan de permanecer preto da nai e inician accións para manter unha estreita proximidade coa nai e activar as interaccións sociais materno-filiais.<ref>{{Cite journal|url = |title = Mother-Infant Interactions in Captive Thick-Tailed Galagos (''Galago garnetti'')|last = Ehrlich|first = Annette|date = 1990|journal = Journal of Mammalogy|doi = 10.2307/1382168|pmid = |access-date = |last2 = MacBride|first2 = Lynn|volume = 71|pages = 198–204}}</ref>
 
O acicalamento é unha parte moi importante da vida diaria destes animais. Adoitan acicalarse antes, durante e despois de descansar. O acicalamento social é realizado máis frecuentemente polos machos no grupo. As femias a miúdo rexeitan os intentos feitos polos machos de acicalalas.<ref name="daily life"/>