Galagidae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 28:
== Características ==
 
Os Galagidae teñen grandes ollos que lles proporcionan unha boa visión nocturna, fortes extremidades posteriores, unha audición aguda e longos rabos que lles axudan a equilibrarse. Os seus oídos son parecidos aos dos morcegos e permítenlles rastrear insectos na escuridade. Capturan insectos no chan ou apáñanos polo aire. Son criaturas rápidas e áxiles. Como están ligados a unha vida en mestos arbustos, dobran as súas delicadas orellas para así protexelas. Tamén as dobran cando descansan.<ref name="African Wildlife Foundation"/> Teñen uñas na maioría dos dedos, agás na segundamsegunda deda dos pés posteriores, que ten unha [[garra de acicalamento]]. As súas dietas son unha mestura de insectos e outros pequenos animais, froitos e resinas das árbores.<ref name=EoM>{{cite book |editor=Macdonald, D.|author= Charles-Dominique, Pierre|year=1984 |title=The Encyclopedia of Mammals|publisher=Facts on File|location=New York|pages= 332–337|isbn= 0-87196-871-1}}</ref> Teñen [[incisivo]]s pectinados (con forma de peite) e a súa [[fórmula dental]] é: {{FórmulaDental|superior=2.1.3.3|inferior=2.1.3.3}}
 
Despois dun período de [[xestación]] de 110 a 133 días, as crías nacen cos ollos medio pechados e son inicialmente incapaxces de moverse independentemente. Pasados de 6 a 8 días, a nai transporta á cría colléndoa coa boca e póusaa en pólas mentres ela se alimenta. As femias poden ter unha cría, xemelgos ou trillizos e poden ser moi agresivas. Cada neonato pesa menos de 14 g. Durante os primeiros tres días, a cría está en constante contacto coa nai. A nai aliméntaa durante seis semanas e pode alimentarse por si mesma aos dous meses. A cría medra rapidamente, xeralmente causando que a nai camiñe torpemente cando a tansporta.<ref name="African Wildlife Foundation"/>