Curaçao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 67:
 
== Historia ==
Os rexistros históricos e arqueolóxicos, sinalan a tribos de [[caiquetios]], pertencentes á familia [[arawakpobos arauacos|arauaca]], como primeiros poboadores da illa. A chegada dos primeiros exploradores europeos prodúcese no ano 1499, cando unha expedición española comandada por [[Alonso de Ojeda]], descobre a illa durante a súa primeira viaxe de exploración da costa norte de Sudamérica. Xunto a el atópanse [[Juan de la Cosa]] e [[Américo Vespucio]] quen a chama Illa dos Xigantes, debido aparentemente, a elevada estatura dos seus habitantes indíxenas.
 
O dominio español mantívose durante todo o século XVI, período durante o cal, os seus habitantes orixinais foron trasladados cara á colonia da illa [[a Española]]. Serviu de ponte para a exploración e [[Conquista de América|conquista española]] de territorios no norte de [[Sudamérica]]. A illa foi abandonada paulatinamente, a medida que avanzaba a [[Colonización europea de América|colonización]] do continente.