Venezuela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Etimoloxía: Arranxos varios
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 69:
[[Ficheiro:Desembarco_de_Colón_de_Dióscoro_Puebla.jpg|miniatura|200px|Chegada de [[Cristóbal Colón]] ao [[Novo Mundo]]. Pintura de Dióscoro Puebla (1862)]]
 
Crese que o home apareceu no territorio que hoxe se coñece como Venezuela hai uns 16.000 anos. Esta poboación chegara, polo sur, da rexión do Amazonas; polo oeste, dos Andes, e polo norte, do Caribe. Os grupos indíxenas máis importantes eran os [[chibcha]]s nos Andes, os [[Caribe (etnia)|caribes]], situados en case todas as costas, e os [[arawakpobos arauacos|arauacos]]os, asentados en parte das costas e máis ao sur. Os indíxenas usaban barro e palla para facer ''[[churuata]]s'' e palafitas (casas de madeira e barro, a primeira en terra e a segunda sostida sobre a auga). Tamén usaban outros materiais para intercambio comercial ordinario (unha operación coñecida como [[troco]]), como o [[azucre]], o [[cacao]], o [[café]] e animais.
 
Os indíxenas emprenderon guerras territoriais, pero os caribes resaltaron verdadeiramente nesta materia. As súas vitorias concedéronlles case todas as costas do norte suramericano e parte do centroamericano, e por esta razón na súa honra o [[mar Caribe]] leva actualmente o seu nome.