Diferenzas entre revisións de «Zum ewigen Frieden»

mentres
m (Corrixiuse o substantivo "diferencia(s)".)
(mentres)
 
=== Segundo artigo para a paz perpetua: O dereito de xentes debe fundarse nunha federación de Estados libres ===
Os pobos poden considerarse segundo a súa natureza individuos que se prexudican uns a outros para manter a súa seguridade. Cada pobo debe esixir ao outro que entre nunha Constitución semellante á civil para garantir os dereitos de cada un. Isto sería unha confederación de pobos. Porén, habería unha serie de contradicións porque nun Estado necesítase a relación entre un superior (lexislador) e un inferior (o pobo). Polo que moitos pobos nun mesmo Estado pasarían a formar un único pobo e isto non debe ocorrer. De maneira que a única forma que teñen os Estados para conseguir o seu dereito só pode ser a través da guerra. Pero, o dereito non pode ser decidido a través dunha guerra nin sequera a través dunha vitoria e un tratado de paz unicamente acabaría coa guerra pero non coa situación de guerra. Ademais o estado de paz non pode establecerse sen un pacto entre os pobos. Así a federación da paz buscará acabar coa guerra mentrasmentres que o estado de paz acabaría con todas as guerras para sempre.
 
A federación mantén a liberdade dun Estado e tamén dos Estados federados para que non se sometan a leis públicas nin a coaccións. Esta idea débena adoptar os outros Estados para acadar a paz perpetua.
94.127

edicións