Invasión musulmá da Península Ibérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
m Isili0n moveu a páxina "Invasión musulmá da península Ibérica" a "Invasión musulmá da Península Ibérica": Escríbese "Península Ibérica" como di o DRAG.
Elisardojm (conversa | contribucións)
mentres
Liña 206:
O primeiro que fixo este foi unha especie de catastro ou rexistro de ingresos impoñibles, para clarificar as fontes e capacidades do fisco e aumentar así seu rendemento. A continuación fixo unha distribución do botín, que aínda estaba pendente de dividir. Este repartimento do botín tiña un efecto político e psicolóxico, pois mostraba ás claras que a decisión tomada por Omar II de permanecer na península era definitiva.
 
Coa repartición asignáronse propiedades e bens á facenda pública, e distribuíronse outras terras entre os conquistadores, a fin de calmar os seus enfrontamentos. Incluso parte dos terreos correspondentes ao Califa por ''jums'' foron entregados en usufruto, por decisión de Omar II, a cambio dun pacto feudal. Con todo iso, conseguiuse reducir a tensión entre os conquistadores. Pero tamén nisto se notou o diferente trato cara os bérberes, que foron asentados nas ladeiras dos sistemas cantábrico e central, e nas montañas andaluzas, mentrasmentres que os terreos máis fértiles do sur foron para continxentes procedentes de Siria e Exipto.
 
Nada máis feito isto, continuou as accións militares e chegou ata Septimania na primavera de 719. No ano 720, Perpiñán e Narbona foron capturadas, matando a todos os homes e escravizando mulleres e nenos; e establecendo unha guarnición permanente nesta última cidade. Nese mesmo ano morreu o último rei visigodo, Ardo.