Santuario de Loiola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''Santuario e Basílica de Loiola''' é un complexo monumental e relixioso construído ó redor da casa natal de [[Ignacio de Loiola]], fundador da [[Compañía de Xesús]], coñecida como os'' Xesuítas.'' Atópase no barrio de Loiola do municipio [[Guipúscoa|guipuscoano]] de [[Azpeitia]], no [[País Vasco]]. O santuario atópase a beiras do río [[Río Urola|Urola]] entre as poboacións de Azpeitia e [[Azkoitia|Azcoitia]].
 
Ignacio de Loiola, que en realidade se chamaba Iñigo López de Loiola, era fillo do señor de Loiola, Beltrán Ibáñez de Oñaz (cabeza dos Oñacinos), e da [[Ondarroa|ondarresa]] Marina Sánchez de Licona, membro dunha importante familia oñacina [[Biscaia|biscaíña.]]<ref name="Oñaz">{{cita web|apelido=Castejón|nome=Antonio|título=LOYOLA. Oñaz Loyola Ascendientes de Ignacio de Loyola. Señores de las casas Oñaz y Loyola.|url=http://www.euskalnet.net/laviana/gen_bascas/loyola.htm|dataacceso=25 de novembro de 2007}}</ref> Naceu no ano [[1491]] na casa torre familiar de Loiola.<ref name="siervas">{{cita web|apelido=|nome=Las Siervas de los Corazones Traspasados|nome=Las Siervas |ligazónautor=Las Siervas de los Corazones Traspasados de Jesús y María|título=San Ignacio de Loyola Fundador de la Compañía de Jesús (jesuitas)|ano=2006|edición=23-11-07|editorial=Las Siervas de los Corazones Traspasados de Jesús y María|url=http://www.corazones.org/santos/ignacio_loyola.htm|dataacceso=25 de novembro de 2007}}</ref>
 
A Compañía de Xesús converteuse nunha poderosa institución que tiña moita influencia na cúpula dirixente católica. Ignacio, o seu fundador, foi nomeado santo e, como era lóxico, a súa casa natal pasou a ser un lugar de devoción.<ref name="pollen">{{Cita web|url=http://www.enciclopediacatolica.com/c/companiajesus.htm|editorial=ACI-PRENSA Enciclopedia Católica|título=Compañía de Jesús}}</ref> Cando no [[século XVII]] a casa torre onde nacera foi cedida ós xesuítas, estes construíron alí, ó redor da casa natal do seu fundador, todo un complexo relixioso no cal destaca a súa [[basílica]].