Acústica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: {{Control de autoridades}}
Moedagalega (conversa | contribucións)
Estableceuse unha ligazón interna.
Liña 9:
A ciencia da acústica ten a súa orixe na [[Antiga Grecia]] e [[Roma Antiga|Roma]], entre os séculos VI a. C. e I d. C. Comezou coa música, que viña practicando como arte desde facía miles de anos, pero non fora estudada de forma científica ata que [[Pitágoras]] interesouse pola natureza dos intervalos musicais. Quería saber porqué algúns intervalos soaban máis belos que outros, e chegou a respostas en forma de proporcións numéricas. [[Aristóteles]] (384 a 322 a. C.) comprobou que o son consistía en contraccións e expansións do aire "caendo sobre e golpeando o aire próximo", unha boa forma de expresar a natureza do movemento das [[onda sonora|ondas]]. Ao redor do ano 20 a. C., o arquitecto e enxeñeiro romano [[Vitruvio]] escribiu un tratado sobre as propiedades acústicas dos teatros, incluíndo temas como a [[interferencia]], os [[eco]]s, e a [[reverberación]]; isto supuxo o comezo da acústica arquitectónica.<ref>ACOUSTICS, Bruce Lindsay, Dowden - Hutchingon Books Publishers, capítulo 3</ref>
 
A comprensión da física dos procesos acústicos avanzou rapidamente durante e logo da [[Revolución Científica]]. [[Galileo]] (1564-1642) e [[Marin Mersenne|Mersenne]] (1588-1648) descubriron de forma independente todas as leis da corda vibrante, terminando así o traballo que Pitágoras comezara 2000 anos antes. Galileo escribiu "As ondas son producidas polas [[vibración]]s dun corpo sonoro, que se difunden polo aire, levando ao [[tímpano (oído)|tímpano]] do [[oído]] un estímulo que a mente interpreta como son", sentando así o comezo da acústica fisiológica e da psicolóxica.
 
Entre 1630 e 1680 realizáronse medicións experimentais da [[velocidade do son]] no aire por unha serie de investigadores, destacando de entre eles Mersenne. Mentres tanto, [[Isaac Newton|Newton]] (1642-1727) obtivo a fórmula para a velocidade de onda en sólidos, un dos alicerces da física acústica ([[Philosophiae Naturalis Principia Mathematica|Principia]], 1687).