O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 10:
 
Hai sitios, como Verín, onde ó remata-la cea de noiteboa, os rapaces saen a apedra-las [[árbore]]s froiteiras para que o ano entrante desen ben de froita. Adoitábase facer sobre todo coas árbores ''aneiras'', que só dan froito cada dous anos. Era costume representar previamente unha falsa disputa entre o dono da árbore, que teimaba en cortala, e outra persoa que a defendía, porfiando en que despois de apedrala daría froito en abundancia [http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1166].
 
=== O tizón de Nadal ===
{{Artigo principal|Tizón de Nadal}}
Na Noiteboa limpábase coidadosamente o lar e acendíase un gran leño, denominado ''Tizón'' ou ''Cepo de Nadal''. O acto de varre-lo lar antes de prende-lo lume simbolizaba destruí-lo vello para dar paso ó novo. O ''tizón'' debía permanecer aceso na lareira ata Aninovo; en troques, por terras de Becerreá debía durar todo o ano, dándolle lume tódolos días aínda que fose por pouco tempo. Logo deixábase apagar pero conservábase durante o resto do ano para acendelo de novo durante as [[treboada]]s ou cando se ventaba unha desgraza na casa, como elemento protector do fogar.
 
Xoán Xosé Pérez Labaca escribiu sobre un costume dos [[celta (cultura)|celtas]] que consistía en acender unha candea o día do solsticio de inverno, que tiña que arder durante medio día seguido para traer boa sorte na casa. E engade:
 
{{Cita|"''Hai quen pensa que desa costume xurdiu unha das tradicións que máis arraigou en Galicia que é o chamado 'lume novo', que era acender na lareira un tronco e, podendo, o mellor sería unha cañota de carballo. Este lume novo era chamado noutros lugares o 'tizón', o 'cepo' ou o 'cachopo'. Este lume debía estar encendido ó longo de todo o ano para dar luz e calor e vén representar a quentura do fogar en contraposición co frío do exterior da casa''".}}
 
[[Vicente Risco]] defíneo así:
 
{{Cita|''É un cañoto grande dun árbore, que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arreder o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de Hespaña. En Cataluña vén ser o que chaman 'tió', no que baten os nenos da casa para que lles bote dulces, que os pais lle meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos''|Vicente Risco: "Etnografía: cultura espritual", en ''Historia de Galiza'', dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Editorial Nós, Buenos Aires 1962 (Reed. Akal, Madrid 1979); vol. I, 255-777.}}
 
Amais de ser protector e de certo carácter sagrado, as cinsas do ''tizón de Nadal'' parecían ser boas para cura-las febres.
 
O culto ó lume está ben presente na cultura popular galega, coma na doutras latitudes. Poida ser que este ''tizón de Nadal'' sexa unha reliquia dese culto pagán que terminou sendo prohibido, sen éxito, polas ''Sinodais'' de [[Mondoñedo]] no século XVI por consideralo ''rito gentílico'' (Eladio Rodríguez, citando a Murguía).
 
=== As tempas ===