Persoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: {{Control de autoridades}}
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/substancia
Liña 14:
Na modernidade ten lugar un envorco psicolóxico na concepción de persoa. O primeiro paso dáse como consecuencia do [[nominalismo]] pero obsérvase xa con claridade en [[René Descartes|Descartes]] que non fala de persoa senón de ''eu''. Na mesma liña, para [[John Locke|Locke]] persoa xa non é un concepto metafísico pois non indica un ser ou modo de ser, senón un estado no que se atopa ás veces un ser. Pola súa banda, [[Immanuel Kant|Kant]] denomina á persoa como aquel ser que é un fin en si mesmo. Aínda que en Kant vólvese a un concepto ontolóxico, non se trata dun ser aberto á transcendencia, senón autónomo.
 
Pola súa banda, o [[existencialismo]] volve pór atención na relevancia deste concepto. Para [[Søren Kierkegaard|Kierkegaard]], a persoa non é [[Solipsismo|solipsista]] se non máis ben a saída dun mesmo ''saltando ao baleiro'' como entrega a Deus. Para [[Martin Heidegger|Heidegger]] a persoa como Dasein (o aí do ser) non é nin unha cousa, nin un obxecto nin unha sustanciasubstancia senón que se define existencialmente polo sentimento da angustia pechado á transcendencia.
 
No século XX diversos pensadores, algúns de inspiración cristiá e en concreto [[tomismo|tomista]], centraron a súa atención na noción de persoa dando lugar ao chamado [[personalismo]] entre os que destacan: [[Gabriel Marcel|G. Marcel]], [[Martin Buber|M. Buber]], [[Max Scheler|M. Scheler]], [[Jacques Maritain|J. Maritain]], [[Emmanuel Mounier|E. Mounier]], [[Dietrich von Hildebrand|Von Hildebrand]], [[Romano Guardini|R. Guardini]], [[Xoán Paulo II|K. Wojtyla]], [[Emmanuel Levinas|E. Lévinas]], etc. [[Leonardo Polo]] suxeriu unha interesante noción de persoa como "carácter de ''ademais''" a partir dunha ampliación dos transcendentais do ser cara ao que el chama ''Antropoloxía Transcendental'' propondo a liberdade e a co-existencia como transcendentais persoais distintos dos metafísicos.