O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 10:
 
Hai sitios, como Verín, onde ó remata-la cea de noiteboa, os rapaces saen a apedra-las [[árbore]]s froiteiras para que o ano entrante desen ben de froita. Adoitábase facer sobre todo coas árbores ''aneiras'', que só dan froito cada dous anos. Era costume representar previamente unha falsa disputa entre o dono da árbore, que teimaba en cortala, e outra persoa que a defendía, porfiando en que despois de apedrala daría froito en abundancia [http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1166].
 
=== O ''Belén'' ===
[[Ficheiro:Caldas, Bemil, Santa María 04-10.JPG|miniatura|300px|Relevo na igrexa de [[Bemil, Caldas de Reis|Santa María de Bemil]] ([[Caldas de Reis]]).]]
[[Ficheiro:Cambados igrexa de San Francisco 02-09c.jpg|miniatura|300px|Belén na igrexa de San Francisco ([[Cambados]]).]]
Aínda que a primeira representación dun nacemento dentro da celebración no Nadal foi idea de San [[Francisco de Asís]] na noiteboa de [[1223]], a introdución do costume en Galicia debeu de ser tardía, segundo Taboada Chivite. Da escena do nacemento e da [[Epifanía]] poden atoparse xa exemplos nos [[tímpano (arquitectura)|tímpanos]], [[retablo]]s e [[baldaquino]]s de moitas igrexas medievais, como se mencionará máis adiante. Un dos máis antigos en terras galegas pode se-lo relevo que se expón no [[Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense]], procedente do desaparecido mosteiro de [[Camba, Castro Caldelas|San Xoán de Camba]] ([[Castro Caldelas]]), de mediados do século X [http://www.musarqourense.xunta.es/pdfs/pezasmes/pm_2001_12_gal.pdf].
 
É costume que nas [[igrexa (arquitectura)|igrexas]] parroquiais se monte un ''Belén'', representación figurada do nacemento de Xesús, rodeado de figuras de pastores e labregos. Máis modernos son os que cada quen fai na súa casa ou algúns concellos nalgunha praza céntrica. Entre os ''beléns'' galegos cómpre destaca-lo [[belén de Baltar]], obra que creou o escultor ourensán [[Arturo Baltar]] en [[1967]] e que foi ampliando ano tras ano para convertelo nun vivo retrato de [[Ourense]] no primeiro cuarto de [[século XX]], con persoeiros populares recoñecibles <ref>Dúas figuras incluídas neste belén representan dúas afamadas prostitutas do Ourense, "A Zorrita" e "A Noalla", que [[Eduardo Blanco Amor]] incluíu na súa novela [[A esmorga]]. "''El escultor, padre de un belén que es un minucioso retrato etnográfico de una Galicia extinguida, fue el primer mortal en llevar a Eduardo Blanco Amor a un prostíbulo. A don Eduardo, homosexual confeso, 'cuando le llevé a casa de A Noalla', ésta regentaba cerca de la calle Villar (capital del antiguo barrio chino ourensano) una casa de 'chicas' que había heredado de su amiga 'Zorrita', recuerda el artista''" [http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2009/12/16/busconas-portal-belen/395745.html].</ref> e edificios característicos da zona. Desde [[1980]] exponse permanentemente na igrexa de San Cosme e San Damián, de [[Ourense]].
 
Sonado tamén é o belén electrónico de [[Begonte]], creado en [[1972]] polo entón párroco da vila José Domínguez. Neste belén, animado por máis de 50 mecanismos, as figuras realizan os labores propios desta comarca luguesa <ref>Pode visitarse durante o tempo do Nadal no Centro Cultural José Domínguez Guizán.</ref>.
 
Na [[Coruña]] exponse outro gran belén, inaugurado en [[1923]] e restaurado en [[2001]], que representa o mapa de [[Xerusalén]], ocupando unha superficie de 120 metros cadrados. Tralo belén, pende un gran pano pintado por [[Camilo Díaz Baliño]].
 
A tradición apócrifa sitúa o nacemento de Xesús nunha humilde corte de pastores, quentado por un [[vaca|boi]] e un [[burro]] ou unha [[mula]]. Disque o boi quentaba ó Neno co seu bafo, mentres que a mula aproveitaba para lle come-la palla do presebe. Por esta actitude ingrata da mula, Deus condenouna á esterilidade.
 
Na [[comarca da Limia|Limia]] foi un [[Carrizo (paxaro)|carrizo]] quen quixo rouba-la palla e o castigo foi ser condenado a se-lo paxaro máis pequeno de todos cantos hai.
 
A presenza do boi e da mula ó redor do Neno só se acredita a partir do século IV, tempo no que se datan as catacumbas de san Sebastián en Roma. Nunha das súas paredes, un fresco reflicte o boi e o burro axeonllados ante o Neno Xesús envolto nos seus capizos. Os evanxeos canónicos (Mateo, Marcos, Lucas e Xoán) non describen as condicións do nacemento de Xesús. San Lucas é o único que dá algún detalle, cando di que, tralo parto, María ''envolveuno nuns capizos e deitouno na manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles'' (Lc 2,7), sen falar do gando que puidese estar presente. É o apócrifo Protoevanxeo de Santiago (mediados do século II) o que describe o nacemento nunha cova, pero non fala do gando, e o Evanxeo do pseudoMateo (século VI) conta que ós tres días do nacemente se trasladan a unha corte na que, por fin, aparecen o boi e o burro canda o Neno <ref>Pseudo Mateo 14: ''El tercer día después del nacimiento del Señor, María salió de la gruta, y entró en un establo, y deposité al niño en el pesebre, y el buey y el asno lo adoraron. Entonces se cumplió lo que había anunciado el profeta Isaías: El buey ha conocido a su dueño y el asno el pesebre de su señor'' [http://www.upasika.com/docs/apocrifos/Evangelios%20de%20la%20infancia/Evangelio%20de%20Pseudo%20Mateo.pdf].</ref>.
 
:''Unha noite mui fría de inverno''
:''nunha corte do gando en Belén''
:''veu ó mundo do modo máis probe''
:''o que foi o máis rico en saber''.
 
:''En un portaliño escuro,''
:''cheo de teas de arañas,''
:''entre a mula e mais o boi,''
:''nace o Redentor das ialmas.''
 
=== O tizón de Nadal ===