Wikipedia:A Taberna (políticas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Arranxo na política de votacións: veño facer as aclaracións pertinentes
Toliño (conversa | contribucións)
Liña 331:
{{Comentario}}. Vexo que a política de votacións segue a dar dores de cabeza... Se non estou trabucado, cómpre que aclare dous aspectos:
# O cambio aquí proposto foi feito na política en canto vos decatastes do problema (e eu confirmei que esa era a intención inicial) e foi revertido porque apuntei que o consideraba non trivial. Non creo que haxa moito máis que discutir en canto á correcta aplicación desas dúas liñas da política aténdonos só á interpretación que debe darse dunha lectura pausada e entendendo os puntos como entidades separadas (e realmente non hai motivo para velos doutro xeito... <small>[[Wikipedia:Ignore todas as regras|máis aló de sermos flexibles ás veces]]</small>).
# Queda pendente o tema dos neutros. Como ben lembraba, iso foi discutido no seu día. Como exemplo das conclusións acadadas, remítovos ás [https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_Wikipedia%3AVotaci%C3%B3ns%2FNova_redacci%C3%B3n&type=revision&diff=1535194&oldid=1526186 preguntas feitas por Lmbuga] na páxina de conversa da proposta de nova redacción e [https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3AVotaci%C3%B3ns%2FWikipedia%3AVotaci%C3%B3ns&action=historysubmit&diff=1535193&oldid=1535185 ao meu comentario na votación]. Creo que queda patente (e supoño que así deixaría constancia nalgures para ser coherente comigo) que a miña postura é que os neutros deberan contar dalgún xeito. PedoPido entón desculpas novamente por unha redacción pouco clara. Iso de que "os votos neutros [...] si que se teñen en conta ao realizar o cómputo global de votos, xa que non son o mesmo ca unha abstención" refírese máis ben non esquecer mencionar os votos neutros cando se fai o reconto final nos cadros das cabeceiras das votacións, mais non se contan para as porcentaxes ("[...] cabe aclarar que os votos neutros, malia non contabilizaren para o resultado da votación [...]"). Banjo xa o salientou correctamente.
Dito isto, e co fin de aclararmos estes dous puntos, na miña opinión debería abondar cunha pequena votación na Taberna (para que quede constancia de que hai un mínimo consenso) para clarificar todo isto na política. Agás que alguén detecte que cometín algún outro erro ou omisión, ou que considere que haxa que levalo a votación (o que me parece excesivo). Saúdos! --[[Usuario:Toliño|Toliño]]<sup>[[Conversa usuario:Toliño| <span style="cursor:help;" title="Fala aquí comigo">Fala aquí comigo</span> ]]</sup> 13 de decembro de 2016 ás 16:05 (UTC)