Almiscre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/substancia
Liña 4:
Así pois, o cheiro tamén se atopa no [[boi almiscreiro]] (''[[Ovibos moschatus]]''), na [[rata de almiscre]] da [[India]] e [[Europa]] (''[[Ondatra zibethicus]]'', coñecida dende o século XVII por segregar unha substancia con cheiro a almiscre e cun método extractivo ideado contra 1940, pero que comercialmente non compensaba<ref>Groom, Nigel (1997). ''New Perfume Handbook''. Springer. pp. 219–220. ISBN 0-7514-0403-9.</ref>), na [[civeta africana]] (''Civettictis civetta''), no [[pato de almiscre]] do sur de [[Australia]] (''[[Biziura lobata]]''), no [[muraño de almiscre]] (''[[Crocidura]]'', do xénero do [[furaño común]] e o [[furaño de xardín]]), no [[escaravello de almiscre]] ou dos [[olmo]]s (''[[Aromia moschata]]'' e ''[[Calichroma moschata]]''), na [[tartaruga de almiscre]] (''[[Sternotherus]]''), no [[caimán]] de [[América Central]] (''[[Alligator mississippiensis]]'') e noutros animais. No reino vexetal está presente principalmente nas sementes de sementes dalgúns [[abelmosco]]s (''[[Abelmosco|Abelmoschus moschatus]]''), aínda que tamén na [[anxélica]] (''[[Angelica archangelica]]''), na flor de almiscre común (''[[Mimulus moschatus]]'') ou na madeira de almiscre de Australia (''[[Olearia argophylla]]'').
 
Ata o século XIX usábase o almiscre natural en perfumaría ata que motivos econónimos, éticos e ecolóxicos levaron á adopción actualmente case universal de almiscre sintético, pois para obtelo sacrifícase un animal que está en perigo de extinción para só quitarlle unha glándula (comercio que está regulado polo convenio [[CITES]]). O [[composto orgánico]] que lle dá principalmente ó cheiro é a [[muscona]]. O almiscre natural úsase aínda na medicina tradicional chinesa. Este almiscre puro ten un cheiro moi intenso, insoportable para o nariz humano, razón pola cal só se usa se se deixa secar ben e en concentracións moi diluídas. Tras este proceso é roxo escuro, seco, suave e oleoso ó tacto e amargo ó gusto. Ningunha outra sustanciasubstancia natural ten un aroma tan complexo asociado con tantas descricións contraditorias, aínda que xeralmente se describe abstractamente como animalesco, terroso, amadeirado <ref name="Rimkus">Rimkus, Gerhard G. (Ed.); Cornelia Sommer (2004). "The Role of Musk and Musk Compounds in the Fragrance Industry". ''Synthetic Musk Fragrances in the Environment (Handbook of Environmental Chemistry)''. Springer. ISBN 3-540-43706-1.</ref> ou algo parecido ó cheiro do bebé <ref name="Kraft">Rowe, David J. (Ed.); Philip Kraft (2004). "Chapter 7. Aroma Chemicals IV: Musks". ''Chemistry and Technology of Flavours and Fragrances''. Blackwell. ISBN 0-8493-2372-X.</ref>. Ademais dos seus principios odoríferos, contén [[amoníaco]], [[colesterol]], [[graxa]] animal e outros principios.
 
== Compostos artificiais ==