Xulia Drusila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
No ano [[34]], xa en [[Roma]], contraeu matrimonio con [[Lucio Casio Longino]], de quen se divorciou no [[37]] por intercesión do seu irmán [[Calígula]]. Para entón xa corrían os rumores que dicían que se convertera na amante favorita do seu irmán o [[emperador romano|emperador]] [[Calígula]].
 
Posteriormente Drusila volveu casar, esta vez con [[Marco Emilio Lépido (40 d. C.)|Marco Emilio Lépido]], o seu curmán materno, fillo de [[Julia Vipsania]]. De Lépido tamén se dicía que era amante de [[Macron]], e que se casou con Drusila por petición deste, para preservala só para o seu protector o emperador.
 
Cando estivo a piques de morrer debido a unha enfermidade, Drusila foi proclamada [[Augusto|Augusta]] e tamén foi nomeada como a herdeira de Calígula.
 
=== Morte misteriosa ===
O seu falecemento talvez se deberadebese a unha febre. Con todo, dicíase entre os moitos rumores acerca da súa incerta morte que estaría embarazada do seu irmán e que este a asasinou.
 
Tras o seu falecemento no ano 38, [[Calígula]] ficou gravemente aflixido e organizou magníficos funerais en honra á súa amada irmá, decretando que no tempo que durase o loito a Drusila, estaría prohibido rirse e manter prácticas sexuais, entre outras extravagancias que non sentaron nada ben ao pobo de Roma.
 
Ademais deificou á súa irmá erguéndoa ao status de deusa co nome de '''Pantea''' e como tal se lle adicoudedicou culto do mesmo xeito que sacerdotes.
 
En memoria á súa querida irmá a quen tanto amaba, [[Calígula]] poría por nome Xulia Drusila á única filla que tivo coa súa última esposa [[Milonia Cesonia]].