Agustín Fernández Paz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
unifico información repetida e engado repetido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
|notas =
}}
'''Agustín Fernández Paz''', nado en [[Vilalba]] o [[29 de maio]] de [[1947]] e finado en [[Vigo]] o [[12 de xullo]] de [[2016]],<ref>{{cita novas|título=Morre Agustín Fernández Paz, agarimo das letras galegas|url=http://praza.gal/cultura/12228/morre-agustin-fernandez-paz-agarimo-das-letras-galegas/|dataacceso=12 de xullo de 2016|obra=Praza.gal|data=12 de xullo de 2016}}</ref> foi un escritor e pedagogo [[GaliciaPobo galego|galego]]. Foi autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola [[Federación de Libreiros de Galicia]] e no 2007, pola [[Asociación Galega de Editores]]). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]].
 
O seu libro ''[[O único que queda é o amor]]'' obtivo en [[2008]] o [[Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España|Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil]] que concede o [[Ministerio de Cultura de España]]. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao [[Premio Memorial Astrid Lindgren]], nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro ''[[O único que queda é o amor]]'' foi incluído na [[IBBY|Lista de Honra IBBY]] no 2010, como ocorrera tamén con ''[[Contos por palabras]]'' en 1992 e con ''[[Aire negro]]'' en 2002. Esta última novela, ''[[Aire negro]]'', foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da [[Internationale Jugendbibliothek]] de [[Múnic]] en 2001, un recoñecemento que tamén acadou ''[[O meu nome é Skywalker]]'' en 2004.