Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Organizacións deportivas: posición do pronome
Banjo (conversa | contribucións)
formato
Liña 1:
{{Atallo|WP:TITORG}}
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
{{TOC límite|2}}
Esta política de '''títulos dos artigos sobre organizacións''' son unhas directrices para elixir os títulos máis apropiados para dar nome ás páxinas sobre diferentes tipos de organizacións.
 
Nos seguintes apartados expóñense as regras particulares para diferentes tipos de organizacións. Porén, como '''criterios xerais''' pódense mencionar os seguintes:
* Non se adoitan traducir os nomes de organizacións completamente privadas de ámbito empresarial.
* Cando unhas siglas son máis coñecidas que o nome completo da organización, sería preferible empregar ditas siglas.
Liña 10 ⟶ 12:
 
== Forzas e partidos políticos e sindicatos==
* Como norma xeral, '''os nomes dos partidos políticos, sindicatos, etc. tradúcense ao galego'''. No caso de que haxa fontes galegas [[Wikipedia:Fontes fiables|fiables e de referencia]], a súa tradución será a que ten preferencia fronte a outras traducións posibles.
::Exemplo 1: tradúcense ''[[Partido Republicano (Estados Unidos)|Partido Republicano]]'', ''[[Partido Laborista (Reino Unido)|Partido Laborista]]''.
::Exemplo 2: a ''[[Diciopedia do século 21]]'' emprega ''[[Partido Comunista Chinés]]'', ''[[Partido Comunista da Unión Soviética]]'' e ''[[Partido Obreiro de Unificación Marxista]]'', polo que serán os nomes que se empreguen nos artigos correspondentes.
Liña 22 ⟶ 24:
 
== Universidades ==
* Como regra xeral, os nomes das [[universidade]]s e centros de [[ensino superior]] equivalentes tradúcense ao galego.
::Exemplo: ''[[Universidade Complutense de Madrid]]'' e non ''Universidad Complutense de Madrid'', ''[[Universidade de Cambridge]]'' e non ''University of Cambridge''.
::Atención: cómpre ter coidado cos nomes de universidades que levan o nome dunha persoa: a ''Harvard University'' debe traducirse por ''[[Universidade Harvard]]'' e non por ''Universidade de Harvard'', xa que leva o nome de [[John Harvard]].
Liña 31 ⟶ 33:
 
== Organizacións internacionais ==
* Os '''nomes de organizacións internacionais''' tradúcense cando a propia organización emprega decotío o nome traducido a diferentes idiomas, aínda que non sexa ao galego.
::Exemplo: ''[[Médicos Sen Fronteiras]]'' e non ''Médecins sans frontières'', xa que a organización traduce o nome ao castelán, checo, alemán, etc. Do mesmo xeito, traducimos ''[[Fondo Monetario Internacional]]''.
* Non se traducen cando a organización emprega sempre o mesmo nome.
Liña 37 ⟶ 39:
 
== Organizacións deportivas ==
;====Definicións previas====
*'''''Nome de uso máis común e estendido:''''' nome máis empregado en <u>múltiples fontes verificables galegas</u>: obras independentes publicadas <u>en galego</u> (libros, revistas, xornais, enciclopedias, medios de comunicación independentes da organización, medios especializados deportivos independentes). Este nome deberá estar amplamente referenciado.
*'''''Nome oficial:''''' nome oficial que a organización se da a si mesma, ou estiliza ela mesmo, ou nome co que está rexistrado nas competicións nas que participa (no caso dun club).
 
;====Uso====
* Tera preferencia o <u>nome de uso máis común e estendido</u>, que non entre en conflito con outros nomes. Neste caso, na introdución o artigo debe constar o nome oficial e completo, ademais do nome máis común.
::Exemplos: ''[[Deportivo da Coruña]]'' e non ''Real Club Deportivo de La Coruña'', ''[[Primeira División Española]]'' e non ''Liga BBVA''.