Era viquinga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
→‎Francia: arranxiño
Moedagalega (conversa | contribucións)
Estableceuse unha ligazón interna.
Liña 8:
Os primeiros cambios de moitas imaxes anti-viquingas comenzaron no [[século XVII]]. Edicións de eruditos sobre a Era viquinga chegaban a algúns lectores en Gran Bretaña. Ps arqueólogos comenzaron a escavar en busca do pasado viquingo en Inglaterra. Os lingüistas investigaron para buscar expresións e proverbios rurais de orixe viquingo. Os dicionarios de lingua [[antigo nórdico|nórdica antiga]], permitiron ós vitorianos coñecer as primeiras [[sagas islandesas]].
 
En [[Escandinavia]], [[Thomas Bartholin]] e Ole Worm, os eruditos dinamarqueses do século XVII, e [[Olaus Rudbeck|Olof Rudbeck]] en Suecia foron os primeiros en establecer as normas para o uso de inscriccións rúnicas e sagas islandesas como fontes. Na segunda metade do [[século XVIII]] as sagas islandesas eran usadas aínda como unha fonte histórica importante, pero a era viquinga era lembrada como un período bárbaro e incivilizado na historia dos países noruegueses. Ata fai pouco, a historia da era viquinga estaba baseada en gran parte nas [[sagas islandesas]], a historia dos dinamarqueses (''[[Chronica Jutensis]]'' escrita por [[Saxo Grammaticus]]), a [[crónica de Néstor]] e crónica ''[[Cogad Gáedel re Gallaib]]'' (''a guerra dos irlandeses contra os estranxeiros''). Aínda uns poucos estudosos consideran fiables estas fontes, aínda que os historiadores de hoxe en día confían máis na [[arqueoloxía]] e a [[numismática]], disciplinas que fixeron valiosas contribucións para entender este período.
 
== Xeografía ==