Abrir o menú principal

Cambios

*aportar>achegar
A [[República de Venecia]] pediu axuda ás potencias cristiás, pero só o papa [[Pío V]] lle respondeu. Con todo o papa consiguiu convencer ao rei de España para que tamén axudara, formándose unha armada para enfrontarse aos turcos. Esta armada concentrouse no porto de [[Suda (Creta)|Suda]], na illa de Candía (hoxe en día, [[illa de Creta|Creta]]).
 
Por parte veneciana había 136 [[galera]]s, 11 [[galeaza]]s e 14 naves, ao mando de Xerome Zanne, Antonio de Canale e Xacobe Celsi. As forzas pontificias constaban de 12 galeras ao mando de Marco Antonio Colonna. Filipe II aportaraachegara 50 galeras mandadas por [[Xoán Andrea Doria]] (sobriño do falecido [[Andrea Doria]]), que debía poñerse ás ordes de Colonna. En total, sumaban 198 galeras, 11 galeazas, un [[galeón]], 7 naves máis, cun total de 1.300 canóns e 48.000 homes, dos que só 16.000 eran xente de guerra.
 
Mentres os xenerais cristiáns discutían a forma de facer fronte á situación, o 9 de setembro os turcos tomaron Nicosia. Xoán Andrea Doria, ao ver que no había acordo posíbel entre as forzas cristiás, decide volver a [[Sicilia]] o 5 de outubro. No seu regreso ás súas bases, as frotas venecianas e pontificias sufren un temporal no que se perden 14 das galeras venecianas. Tanto o papa como Venecia culpan ao almirante español do fracaso da operación. Os motivos de Xoán Andrea Doria para non emprender un ataque contra forzas turcas superiores baseábanse no mal estado das dotacións e do armamento das galeras de Venecia.