Panteón de Roma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Coordenadas|41|53|55|N|12|28|37|E|display=title|type:landmark}}
[[Ficheiro:Pantheon-rome22.jpg|miniatura|dereita|230px|Pronaos da fachada e vista lateral do Panteón.]]
[[Ficheiro:Pantheon rome.interior.jpg|miniatura|dereita|230px|Interior.]]
O '''Panteón de Roma ou Panteón de Agripa''' (en [[Idioma italiano|italiano]]: ''Il Pantheon)'' é un edificio relixioso da [[Roma antiga]] que, en orixe, foi un [[templo]] consagrado a todas as divindades da [[relixión]] antiga, e que foi transformado nunha [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] cristiá no século VII. É o único monumento do mundo antigo greco-romano que chegou até os nosos días practicamente intacto, de feito que non cesou aínda o seu uso desde que foi erguido.
 
O seu nome vén do grego πάνθειον (''pántheion''), adxectivo que significa « de todos os deuses », transformado en ''Pantheon'' polos autores [[latín]]os.
 
O Panteón está cuberto pola maior [[cúpula]] construída na [[Idade Antiga|Antigüidade]] que subsistise. Foi a meirande de [[Europa occidental]], até que, en [[1436]], [[Filippo Brunelleschi]] rematou a da catedral de [[Florencia]].
 
== Historia ==
O templo foi mandado construír por [[Marco Vepsanio Agripa]], xenro de [[Octavio Augusto]], no ano [[-27|27 a.C.]], dedicándoodedicándollo a todos os deuses e, especialmente a [[Marte]] e [[Venus]], divindades protectoras da familia Xulia. Tal como en boa parte o vemos na actualidade corresponde á reconstrución efectuada polo emperador [[Hadriano]], logo dun incendio no 80 d.C.
 
A inscrición orixinal de dedicación do edificio, conservada no friso da [[pronaos]], logo da reconstrución hadrianea, reza: M.AGRIPPA.L.F.COS.TERTIUM.FECIT ("Marco Agrippa, fillo de Lucio, cónsul por terceira vez, fixoofíxoo"). O terceiro consulado de Agrippa corresponde precisamente ao ano 27 a.C. Porén, polo que hoxe se sabe, a destrución do templo foi completa no ano 80.
 
As marcas de fábrica achadas nos ladrillos de construción corresponden aos anos 123–125, polo cal se supón que o novo templo foi inaugurado por [[Hadriano]] nunha data posterior, supóndose que o fixo entre [[125]] e [[128]]. Aínda que ignoramos quen foi de certo o arquitecto que trazou a nova edificación, hai un consenso xeral entre os especialistas en atribuílo a [[Apolodoro de Damasco]], se cadra o único capaz de acometer unha obra de tal envergadura, e que sabemos que vivía en Roma naquela altura.
 
No ano 609 d.C., o emperador bizantino [[Focas, emperador|Focas]] doouno ao papa, entón [[Bonifacio IV, papa|Bonifacio IV]], quen o consagrou como igrexa cristiá, dedicándoo á [[Virxe María|María]] e aos mártires, de aí o seu nome de ''Sancta Maria ad Martyres''; o mesmo papa fixo construír os [[altar]]es e outras obras interiores. Esta nova dedicación posibelmente salvou o templo dunha máis que probábel destrución, como acontecería con moitísimos outros monumentos romanos ao longo, sobre todo, da [[Idade Media]].
{{Control de autoridades}}