Insuficiencia cardíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m {{Corazón}} categ:cor
Elisardojm (conversa | contribucións)
rego
Liña 20:
O síntoma máis frecuente é a dificultade respiratoria ([[dispnea]]) debido á acumulación de líquido nos pulmóns (o sangue acumúlase na circulación pulmonar porque o corazón non é capaz de mobilizalo, ocasionando unha alta presión nos capilares, e que o soro sanguíneo "escape" cara o tecido pulmonar), que aumenta ao deitarse (estes pacientes, cando o seu estado é grave, adoitan ter que durmir sentados ou coa cabeceira da cama elevada). Tamén pode aparecer tose, e cando a insuficiencia empeora bruscamente, [[edema de pulmón]], que consiste nun paso de líquido masivo aos espazos pulmonares, no que a dispnea se volve moi intensa e pode conducir á morte en cuestión de horas se non se trata.
 
É característico ver as veas xugulares inchadas, o que se coñece como [[ingurguitación xugular]]. Outros síntomas menos frecuentes son dor abdominal ou sensación de inchazón, se o sangue se acumula nestas zonas. Por unha falta de aporterego sanguíneo aos músculos, pode aparecer debilidade, cansazo e impotencia. Se a falta de sangue afecta ao [[cerebro]], aparecerán confusión, dor de cabeza, fallos de memoria, e outras alteracións das funcións superiores.
 
O corazón pode aumentar de tamaño ([[hipertrofia]]rse) para tratar de cubrir as necesidades do organismo, pero isto, a medio prazo, fai que mingüe a súa efectividade.