Porta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Configuración: Arranxos varios using AWB
Elisardojm (conversa | contribucións)
achegar
Liña 11:
A porta satisfai a necesidade de evitar a entrada de intrusos, controlando o mesmo aos animais que aos humanos e os vehículos. Esta é a razón de ser dos postigos. Esta é tamén a función das portas das vilas e das cidades.
 
A porta satisfai a necesidade de illar das correntes de ar. Manter a temperatura do interior dun edificio é una función primitiva ligada ao control da ventilación e do aporte deda calor. Nalgúns edificios disponse unha segunda porta, o cortaventos, que coarta a circulación de ar entre exterior e interior. A porta ocúpase tamén de manter o silencio no interior dos edificios e de illar os cheiros. Nas vivendas modernas considérase que para manter un nivel de confort aceptable cómpre ter locais especializados para a hixiene persoal, para a limpeza do edificio e para o almacenamento de lixos.
 
A porta, como a fiestra, satisfai a necesidade de marcar unha fronteira entre o dominio público e o privado, entre exterior e interior, non só visualmente, senón tamén xuridicamente. Tamén encárgase de organizar os espazos e regular o paso dunha peza a outra no interior dun edificio dun xeito cómodo e funcional. Na disposición e na configuración das portas a linguaxe formal empregada é unha convención que fala da súa función dentro dun edificio (non é o mesmo a porta dun armario que a dunha habitación).