Colémbolos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 41:
No tórax teñen un par de patas en cada un dos seus tres segmentos.
 
O abdome presenta seis segmentos ou menos. A abertura xenital está no quinto e está desprovista de estruturas externas relacionadas coa reprodución. Posúen un apéndice tubular (o [[colóforo]] ou tubo ventral) con vesículas pegañosas eversibles, que se proxecta ventralmente desde o primeiro apéndice abdominal, aínda que podería servir tamén para transportar fluídos (descoñécese a súa función exacta). Con este material pegañoso poden adherirse a substratos mesmo en posición vertical, e isto dálles o seu nome científico de orixe grega (''kolla'' = pegamento). A maioría das especies teñen un apéndice abdominal parecido a unha cola chamado [[fúrcula (colémbolos)|fúrcula]], que está dobrado debaixo do corpo e que usan como un resorte para saltar cando se ven ameazados. A fúrcula componse de ''manubrio'', ''dentes'' e ''mucrón''. A fúrcula mantense en tensión por medio dunha pequena estrutura con función de pinza, situada no terceiro segmento abdominal, chamada [[tenáculo]]<ref>John L. Capinera. Springer Links. [http://link.springer.com/referenceworkentry/10.1007%2F978-1-4020-6359-6_2384 Encyclopedia of Entomology] Páxina 3730.</ref> ou retináculo<ref>Gordon Gorth. Google books. [https://books.google.es/books?id=9IcmCeAjp6cC&pg=PA667&lpg=PA667&dq=retinaculum+collembola&source=bl&ots=Zo4JqbLX4p&sig=l3iJZG1VkcY9NcmJFqVI9aemFC0&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjjupqb7-fQAhUCsxQKHX0aABkQ6AEIajAN#v=onepage&q=retinaculum%20collembola&f=false A Dictionary of Entomology] Páxina 1169</ref>, quee cando se libera, golpea forte contra o substrato e guinda o animal no aire de modo parecido ao dunha [[catapulta]] a unha distancia proporcionalmente considerable. Todo este proceso ten lugar en só 18&nbsp;milisegundos.<ref name ="Piper">{{cite book |author=[[Ross Piper]] |year=2007 |title=Extraordinary animals: an encyclopedia of curious and unusual animals |publisher=[[Greenwood Press]] |location=Santa Barbara |url=http://www.worldcat.org/title/extraordinary-animals-an-encyclopedia-of-curious-and-unusual-animals/oclc/124074839}}</ref>
 
Os colémbolos carecen dun sistema de respiración [[traquea (artrópodos)|traqueal]], e respiran a través de poros da súa [[cutícula (artrópodos)|cutícula]], coa notable excepción dos [[Sminthuridae]], que mostran un rudimentario, aínda que plenamente funcional, sistema traqueal.<ref>{{cite journal |author=W. Maldwyn Davies |year=1927 |title=On the tracheal system of Collembola, with special reference to that of ''Sminthurus viridis'', Lubb. |journal=[[Quarterly Journal of Microscopical Science]] |volume=71 |issue=281 |pages=15–30 |url=http://jcs.biologists.org/content/joces/s2-71/281/15.full.pdf |format=[[Portable Document Format|PDF]]}}</ref>