Medalla Copley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: *nominación->candidatura
Liña 6:
As condicións da medalla variaron varias veces ao longo do tempo. En [[1736]] acordouse conceder unha medalla por valor de 5 £, xa fose para o descubrimento científico máis importante ou para a maior achega experimental, norma que seguiu ata [[1831]], cando as condicións se modificaron de modo que a medalla se concedese ao autor da investigación que o Consello da Real Sociedade de Londres decidise por maioría que fose o maior merecedor de dito honor. [[Joseph William Copley]] realizou en [[1881]] unha segunda doazón por valor de 1.666 £, 13 s e 4 d, da que se destinaría a metade dos intereses que rendese dita cantidade a cubrir os custos do galardón.
 
No seu formato actual o galardón concédese anualmente e consiste nunha medalla de prata dourada e un premio en metálico de 5.000 £. Os premiados, que en anos consecutivos se alternan entre as ciencias físicas e biolóxicas, son elixidos polo Consello da Real Sociedade de Londres, a proposta dos respectivos Comité de Premios en Ciencias Físicas e Comité de Premios en Ciencias Biolóxicas. O premio está aberto aos cidadáns dun país da [[Mancomunidade de Nacións]] ou da [[República de Irlanda]], ou de persoas que habitualmente residan e traballen neses países durante o período mínimo dos tres anos inmediatamente anteriores á data da súa proposta. Non hai limitacións para o período no que se realizasen os logros de investigación e pódese conceder máis dunha vez á mesma persoa. Os nomeamentos son válidos durante cinco anos, e o candidato non pode ser renomeado ata un ano despois de que expirase a súa nominacióncandidatura.<ref>[http://royalsociety.org/awards/copley-medal/ «Copley Medal».] En: ''The Royal Society''.</ref>
 
A [[Real Sociedade de Londres]] tamén instituíu en [[1825]] e [[1965]] a [[Medalla Royal|Medalla Real]], de maneira independente á Medalla Copley, que nas súas tres modalidades galardoa anualmente as contribucións máis importantes nas ciencias físicas ([[1825]]), nas ciencias biolóxicas ([[1825]]) e nas ciencias aplicadas ([[1965]]).<ref>[http://royalsociety.org/awards/royal-medal/ «Royal Medal».] En: ''The Royal Society''.</ref>