Il turco in Italia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
'''''Il turco in Italia''''' (en [[lingua galega|galego]] ''O turco en Italia'') é unha [[ópera buffa]] ou ''dramma buffo per musica'' en dous actos con música de [[Gioachino Rossini]] e [[libreto]] en [[lingua italiana|italiano]] de [[Felice Romani]], baseado nunha peza homónima de [[Caterino Mazzolà]] coa que se fixo unha ópera do mesmo título, obra do compositor [[Alemaña|alemán]] [[Franz Seydelmann]] en [[1788]]. Foi estreada o [[14 de agosto]] de [[1814]], no [[Teatro alla Scala]] de [[Milán]].
 
Esta ópera non ten ningunha relación coa ópera ''[[L'italiana in Argeli]]'', composta tamén por Rossini un ano antes, e mesmo para algúns é superior musicalmente; xustamente, o público na época viu unha similitude entre as dúas obras, pensando que vían unha segunda versión. Trátase dunha ópera buffa moi influída por ''[[Così fan tutte]]'' de [[Wolfgang Amadeus Mozart]], estreada no mesmo teatro pouco antes que a obra de Rossini. A oberturaabertura estrañamente harmonizada, aínda que infrecuentemente gravada, é un dos mellores exemplos do estilo característico de Rossini. Unha introdución inusualmente longa mostra un solo melancólico e amplo cun pleno acompañamento orquestral, antes de pasar a un tema principal puramente cómico e vivaz.
 
Un home tolo, unha dona caprichosa, un amigo celoso, unha bohemia descontenta, un turco sedutor e un poeta sen inspiración non presentan de todo o mellor argumento para unha ópera. Porén, a música e o libreto son tan encantadores un como o outro. En principio, hai que considerar que a música do turco non foi tomada doutra obra, como Rossini tiña por costume. En cambio, máis tarde serviríase do comezo da oberturaabertura para a súa ópera ''[[Otello (Rossini)|Otello, ossia il moro di Venezia]]''.
 
== Personaxes ==