Marcio
Uniuse o 14 de setembro de 2013
Contido eliminado Contido engadido
Liña 117:
Dito isto, en canto ás ''Hyla'', creo que está ben manter rela europea (''Hyla arborea'') e rela meridional (''Hyla meridionalis''). O DRAG dálle o nome de rela a ''H. arborea'' e a ''H. molleri'' porque antes eran a mesma especie e despois os taxónomos dividíronas en dúas especies, polo que ten a súa lóxica. Pero nós temos o problema agora do nome para ''H. molleri''. O lóxico é chamarlle rela e poñerlle algún apelido, pero non está referenciado e nós non o podemos inventar, e eu non me atrevo a recomendar ningún. Podemos chamarlle rela común, pero a verdade é que a especie é pouco "común" en Galicia e mesmo está en perigo de desaparición en moitas áreas. Outra opción é chamarlle ra de Santo Antón, que se menciona como exemplo no DRAG (na entrada rela). Como non podemos chamarlle simplemente rela (porque hai outras relas), o máis conservador e prudente sería polo momento ra de Santo Antón. Pero dá pena, que o nome máis normal destes animais sexa rela e que non se lle poida poñer, polo que rela común tampouco me parece disparatado. Sinto non poder dar unha opinión contundente sobre isto, que che sirva de axuda, pero as cousas están sí. En canto a estroza, aparece en obras zoolóxicas (puxen unha referencia na páxina), pero probablemente é a escolla peor e non é o termo máis apropiado para o título da páxina. Usouna un taxónomo pero non sei en que dicionario pode estar nin de onde a sacou. Ás veces inventan palabras, como en corvo "viaraz" (viaraz?).--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 27 de novembro de 2016 ás 17:00 (UTC)
:Moi interesante ese blogue. Grazas.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 10 de decembro de 2016 ás 00:33 (UTC)
== Imaxe do Tritón común ==
|