Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/engalar
Liña 95:
A nave Apollo 11 despegou ás 9:32:00 do mércores [[16 de xullo]] de 1969, dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy en [[Florida]]. Unha vez na órbita lunar, (de 186 por 183 km) Edwin E. Aldrin (piloto do CSM) e [[Neil Armstrong|Neil A. Armstrong]] (comandante) trasladáronse ó módulo lunar. Michael Collins (piloto do módulo lunar) permaneceu na órbita lunar pilotando o módulo de control despois da separación, e apoiando as manobras do módulo lunar. Este último descendeu á Lúa e pousouse sobre a súa superficie o 20 de xullo, no [[mar da Tranquilidade]] (71º N e 23º 38' E), enviouse a seguinte mensaxe a Terra ''“Houston, aquí Base Tranquilidade. A Aguia aluou”''. Horas máis tarde, Armstrong descendeu por unha escaleiriña co seu traxe espacial e puxo o seu pé sobre a [[Lúa]]. As súas primeiras palabras foron ''"este é un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a humanidade"''. Pronto seguiulle Aldrin e ambos os dous astronautas camiñaron durante máis de dúas horas pola Lúa. As tarefas de carácter científico máis importantes realizadas durante as misións foron a recollida de 21 kg de mostras do solo, toma fotografías e colocación dun artefacto para detectar e medi-lo vento solar, un reflector de raios láser e un [[sismógrafo]]. Armstrong e Aldrin cravaron no solo a [[bandeira dos Estados Unidos]] e falaron por radio co presidente [[Richard Nixon|Richard M. Nixon]] na [[Casa Branca]].
 
Comprobaron que non era difícil camiñar e correr baixo unha gravidade seis veces menor que a da superficie da [[Terra]]. Millóns de persoas puideron seguir a retransmisión vía [[satélite]] do acontecemento. Unha vez de volta ó módulo lunar, os astronautas quitaron os traxes espaciais e descansaron unhas horas antes de despegarengalar. Abandonaron a Lúa en voo vertical deixando na superficie luar a parte inferior do módulo lunar que actuou como plataforma de lanzamento. Esta plataforma tirouse unha vez acoplados o módulo lunar ó módulo de comando, ó que regresaron os dous astronautas.
 
O regreso do Apollo 11 realizouse sen contratempos e a nave caeu nas augas do [[océano Pacífico]], a 13º 19' N e 169º 9' W, ás 12:50 do 24 de xullo, sendo recuperada ás 13:53 polo buque Hornet dos U.S.S. cerca de [[Hawai]]. A misión durou 8 días, 3 horas, 18 minutos e 35 segundos (195:18:35). Ante a posibilidade de que organismos lunares contaminasen a Terra, os astronautas vestíronse con traxes de illamento biolóxico antes de saír da nave e foron sometidos a unha corentena de tres semanas. A súa saúde non se viu afectada. O programa Apollo foi de considerable importancia na industria americana, xa que agrupaba, no momento de máxima actividade, a 20.000 sociedades e a máis de 350.000 persoas de forma directa.
Liña 104:
 
A nave Apollo 12 aprestábase a concreta-la segunda aluaxe tripulada da historia. A man de Conrad foi cara á cámara de televisión do Surveior. Mentres Richard Gordon orbitaba a Lúa no módulo de comando Yankee Clipper, Conrad e Bean debían pousa-lo módulo de descenso Intrepid a corta distancia da Surveior 3, unha sonda que aluara dous anos e medio antes, o [[19 de abril]] de [[1967]], camiñar até ela e retira-la cámara de TV para traela de regreso. O Surveior estaba no bordo dun suave cráter que, xunto con outros dos arredores, sería visto polos astronautas como o ombreiro dun boneco de neve a medida que se aproximaran á árida superficie. O Intrepid aluou a menos de 200 metros do Surveior e alí permaneceu 31 h e 31 min. A mesma noite da chegada, na segunda camiñada, acercáronse á sonda e cuns alicates especialmente fabricados arrincaron a cámara de TV. Pódese dicir que as transmisións da cámara de TV interrompéronse ó pouco tempo por un defecto nela.
Realizaron probas científicas, tiraron fotografías, recolleron mostras de solo lunar e recolleron algúns elementos da sonda Surveior 3 para examinalos de camiño á Terra. Despois de despegarengalar e acoplarse á nave que pilotaba Gordon, amerizaron con éxito ás 15:58 no Océano Pacífico a 7,25 km do punto de contacto, e foron recollidos o luns 24 de novembro polo U.S.S. Hornet. Tamén foron sometidos a corentena. O Apollo 12 supuxo un grande adianto respecto do Apollo 11, en especial na precisión do aluaxe, o que levou a planea-la posibilidade de que o Apollo 13 aluase en terreo máis accidentado. A misión durou 10 días, 4 horas, 36 minutos e 25 segundos (244:36:25).
 
=== Apollo 13. Saturn V. AS-508 ===