Encoro de Portodemouros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/desaugadoiro
Liña 8:
Nunha orde ministerial do [[10 de novembro]] de [[1962]], o Estado concedeulle á [[Hidroeléctrica Moncabril]] o aproveitamento integral da cunca do río Ulla mediante a construción de oito encoros ([[Belmil, Santiso|Belmil]], Portodemouros, [[Ledesma, Boqueixón|Ledesma]], Lamas, Fornelos, San Paio, Pereiro e Padrón), ocupando terreos nos concellos de [[Antas de Ulla]] e [[Palas de Rei]] ([[provincia de Lugo]]), [[Arzúa]], [[Boqueixón]], [[Melide]], [[Padrón]], [[Santiso]], [[Touro]], [[Teo]] e [[Vedra]] ([[provincia da Coruña]]), e [[Agolada]], [[A Estrada]], [[Lalín]], [[Rodeiro]], [[Silleda]] e [[Vila de Cruces]] ([[provincia de Pontevedra]]), se ben finalmente só se construíu o de Portodemouros. Na actualidade estanse a facer dous máis entre Touro, Arzúa e Vila de Cruces. En outubro de [[1971]], outra orde ministerial, transfírelle a concesión á sociedade [[Unión Eléctrica]], e o [[7 de xullo]] de [[1979]] a dirección xeral de obras hidráulicas transferiuna a favor de Fuerzas eléctricas del Noroeste ([[Fenosa (1942)|Fenosa]]), sendo na actualidade propiedade de [[Unión Fenosa]] despois da súa fusión.
 
Trescentos metros augas abaixo da actual presa atopábase a [[presa de Salgado]], encoro de reducidas dimensións que abastecía de luz eléctrica á bisbarra. Esta obra foi destruída para facer efectivo o desauguedesaugadoiro do actual encoro, pois coincide case co final da cunca de amortecemento.
 
O encoro asolagou os servidumes entre as terras dunha e doutra banda. Nos últimos anos do franquismo os veciños reclamaron a súa reposición. En maio de 1975 unha orde ministerial mandou poñer en funcionamento unha barcaza que unise as parroquias de [[Loño, Vila de Cruces|Loño]] e [[Beigondo, Santiso|Beigondo]] que segue en servizo na actualidade.
Liña 19:
Conta cun aliviadoiro de superficie na beira esquerda de 130 metros, capaz de desaugar 1,500 m³/s., dotado dunha comporta de tipo vagón de 4 metros de luz por 8 metros de altura, que pode desembalsar 395 m³/s. para rebaixar a cota do encoro en previsión de fortes crecidas.
 
A obra complétase cun desauguedesaugadoiro de fondo en forma de túnel na marxe dereita, e unha bocatoma a media altura que alimenta dous grupos turboalternadores situados na central subterránea da marxe esquerda, cunha potencia de 95 MW.
 
O parque de intemperie que nun primeiro momento estaba concibido só para evacuar a corrente producida, foi máis tarde transformado nun nó de distribución con ligazóns con Santiago (66 kV en transformación a 220 kV), Melide (66 kV), Lalín (66 kV), [[Tivo, Caldas de Reis (Santa María), Caldas de Reis|Tivo]] e [[O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes|O Mesón do Vento]] (220 kV), ademais de estar conectado ao parque eólico do Carrío (220 kV). Na actualidade estase a construír a conexión co parque eólico de San Sebastián e coas centrais hidroeléctricas en obra río abaixo (66 kV).