Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Marcio»

 
Dito isto, en canto ás ''Hyla'', creo que está ben manter rela europea (''Hyla arborea'') e rela meridional (''Hyla meridionalis''). O DRAG dálle o nome de rela a ''H. arborea'' e a ''H. molleri'' porque antes eran a mesma especie e despois os taxónomos dividíronas en dúas especies, polo que ten a súa lóxica. Pero nós temos o problema agora do nome para ''H. molleri''. O lóxico é chamarlle rela e poñerlle algún apelido, pero non está referenciado e nós non o podemos inventar, e eu non me atrevo a recomendar ningún. Podemos chamarlle rela común, pero a verdade é que a especie é pouco "común" en Galicia e mesmo está en perigo de desaparición en moitas áreas. Outra opción é chamarlle ra de Santo Antón, que se menciona como exemplo no DRAG (na entrada rela). Como non podemos chamarlle simplemente rela (porque hai outras relas), o máis conservador e prudente sería polo momento ra de Santo Antón. Pero dá pena, que o nome máis normal destes animais sexa rela e que non se lle poida poñer, polo que rela común tampouco me parece disparatado. Sinto non poder dar unha opinión contundente sobre isto, que che sirva de axuda, pero as cousas están sí. En canto a estroza, aparece en obras zoolóxicas (puxen unha referencia na páxina), pero probablemente é a escolla peor e non é o termo máis apropiado para o título da páxina. Usouna un taxónomo pero non sei en que dicionario pode estar nin de onde a sacou. Ás veces inventan palabras, como en corvo "viaraz" (viaraz?).--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 27 de novembro de 2016 ás 17:00 (UTC)
 
== Imaxe do Tritón común ==
 
Esta mensaxe é para comentar que comprobei a imaxe que puxeches en [[Tritón común]] vía es.wp e resulta que é unha imaxe retocada doutra chamada ''Triturus boscai.jpg'' borrada en Wikimedia Commons por infracción do copyright ([https://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Triturus_boscai.jpg aquí] están as mensaxes de borrado e [[:Commons:User_talk:Pacman13|aquí]] o aviso ao usuario que cargou a imaxe). De feito a páxina de descrición da imaxe inclúe un aviso automático deixado por un bot que dí: "This image is illegal scanned to the book Barbadillo et al. (1999) (Planeta Editions) and cover by copyright. It can not use!!!". Só deixo a mensaxe porque en canto se decaten en Commons o máis seguro é que borren a fotografía e o artigo pode quedar sen imaxe na caixa de información, aínda que neste caso semella que pasou moito tempo e ninguén descrubiu o problema coa imaxe agás o bot. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 8 de decembro de 2016 ás 23:18 (UTC)
68.670

edicións