Domesticación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m amaño ligazón
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liexa
Liña 83:
Finalmente, a gandería podería ter comezado sinxelamente con animais capturados e despois criados en estrita catividade. Este é o caso da maioría de domesticacións recentes ou contemporáneas. É nesta situación que o control e a selección poden ser máis fortes, facendo posible unha transformación máis rápida das especies seleccionadas. O guión de domesticación dunha especie podería ter ocorrido segundo un destes esquemas ou ter sido unha combinación simultánea ou sucesiva.
 
No caso do [[coello]], as etapas da domesticación foron establecidas na [[Idade Media]], que constitúen unha reserva de caza. Con algúns destes coellos practicouse unha selección, permitida pola captura dos animais vivos grazas ós [[furón]]s. Esta selección conduciu á aparición das primeiras variedades de coello durante o século XVI, que se distinguen pola súa cor e o seu tamaño.<ref name="lapin">Van Damme, Dirk; Ervynck, Anton: ''Furets et lapins médiévaux au château de Laarne (Flandres orientales, Belgique). Contribution à l'histoire d'un prédateur et de sa proie'', UniversitéUniversidade de LiègeLiexa, 1991, ISSN 077724913. ''citado en [http://promethee.philo.ulg.ac.be/zoologica/lbodson/bibl/Resumes03.html Promethee.philo]''.</ref> A gandería intensificouse e a forte selección levou a unha gran variabilidade de razas domésticas. O comportamente do coello de gandería evolucionou probablemente de xeito conxunto por mor dunha selección de animais menos salvaxes, puidendo ter sido unha selección tan intencional como indirecta; os animais máis difíciles de recapturar non podían ser dados a novos criadores.
 
As prácticas de cría e de selección que se poden observar ó longo da historia poden dar unha idea de como se desenvolveu o proceso de domesticación. Son prácticas moi variadas, igual que o són os coñecementos e representacións que teñen os criadores dos mecanismos da herdanza e da influencia que podían exercer sobre unha poboación animal. Algúns deles facían unha selección metódica dentro dun rabaño, mentres que outros non concibían a influencia que podía ter a elección dos reprodutores nos seus produtos, dentro dunha especie ou variedade. Con todo, estes criadores podían ver o interese de adquirir unha nova lñaxe ou efectuar cruzamentos con animaos de orixe diferente e participar así na súa difusión.
Liña 93:
=== Aspecto biolóxico ===
[[Ficheiro:Cows in green field - nullamunjie olive grove03.jpg|dereita|miniatura|350px|Vacas da raza [[hereford]], seleccionada para a produción de carne.]]
O proceso de domesticación comeza cando un número limitado de animais son illados doutros individuos da especie salvaxe. Esta poboación pode experimentar un fenómeno de microevolución, por mor da adaptación ás condicións da gandería e da selección humana.<ref>Achilles Gautier, ''Domestication animale et animaux domestiques prétendument oubliés'', UniversitéUniversidade de LiègeLiexa, 1991, ISSN 077724913, citado en [http://promethee.philo.ulg.ac.be/zoologica/lbodson/bibl/Resumes03.html Promethee.philo].</ref> Esta evolución está marcada pola aparición de trazos domésticos, é dicir, dos novos caracteres considerados como [[mutación]]s xenéticas conservadas, mentres que os [[alelos]] que os portan seguirían a ser raras ou terían sido eliminadas pola selección natural en estado salvaxe.
 
Trátase de caracteres morfolóxicos, como po exemplo un tamaño meirande ou máis cativo que o da especie salvaxe, coloracións novas, o pelo longo, rizado ou o rabo acurtado. Tamén son caracteres fisiolóxicos, como o aumento da fecundidade ou a precocidade do crecemento. Obsérvase tamén a perda de caracteres morfolóxicos com os [[corno]]s nalgunhas razas de cordeiro, ou de aptitudes como unha diminución da mobilidade, da velocidade de carreira ou da capacidade de [[voo]], así como a perda de aptitudes comportamentais. Isto fundamenta unha interpretación da domesticación como unha alteración do xenotipo, cousa que é indiscutible no caso do [[albinismo]]. [[Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon|Buffon]] describe a domesticación como unha dexeneración.<ref>Patricia Pellegrini, ''De l'idée de race animale et de son évolution dans le milieu de l'élevage'', Ruralia, maio de 1999 ([http://ruralia.revues.org/document112.html Versión en liña]).</ref> A variabilidade morfolóxica é importante en certas especies, e moito menos noutras coma o [[camelo bactriano]]. Tamén se interpretan as transformacións da domesticación co concepto de [[neotenia]], segundo a cal os caracteres morfolóxicos (como as orellas que colgan) ou condutistas (como o agarimo), orixinalmente propios dos estadíos xuvenís, mantéñense até a idade adulta.
Liña 99:
Xa que as primeiras especies domesticadas foron criadas dende hai algúns milenios, existe un debate sobre se isto é realmente indispensable. Experimentos específicos<ref>Un experiment dut a terme a Rússia al llarg de cinquanta anys consistí a seleccionar guineus segons criters comportamentals. Tendeix a mostrar la possibilitat d'una evolució ràpida vers la domesticació, així com la relació entre els caràcters comportamentals i els fenotípics. « Early canid domestication : the farm fox experiment », ''American Scientist'', Vol. 87 No. 2 (marzo/abril 1999) Artigo de Lyudmila N. Trut, Ph.D. ([http://www.floridalupine.org/publications/PDF/trut-fox-study.pdf Documento en liña]), (en inglés).</ref> e as domesticacións máis recentes demostran que, cunha selección intensa, as transformacións típicas da domesticación poden aparecer relativamente axiña, nun intervalo dunha ou algunhas decenas de xeracións.
 
Dende un punto de vista [[Ecoloxía|ecolóxico]], algunhas especies son criadas en estado doméstico nun medio idéntico ou moi semellante ó dos seus devanceiros salvaxes, coma o [[camelo]] ou o [[reno]]. En troques, é preciso subliñar que o número relativamente baixo de especies domésticas é compensado pola súa distribución, a miúdo moi ampla, en medios e en climas variados e moi diferentes dende o lugar de orixe da especie. A [[galiña]], orixinaria de rexións tropicais, é criada até o [[círculo polar]] ártico, e o [[porco]], orixinario de rexións temperadas, é criado mesmo en climas ecuatoriais, onde é preferido a outras especies de [[súidos]] orixinarias destes climas pero non domesticadas. A [[dieta]] das especies domésticas pode variar moito por mor do acceso ós recursos naturais dun novo medio, e, evidentemente, á alimentación artificial, na que os [[cereal|cereais]] cultivados son primordiais, mesmo para os cans. Resulta difícil determinar en que medida estes cambios de clima e de dieta foron acompañados por unha adaptación fisiolóxica hereditaria cara unha eventual tolerancia dos animais domésticos a estas variacións. Cunha ollada diferente, determinados autores estimaron que as especies domésticas foron seleccionadas entre as que estaban menos especializadas dende un punto de vista alimentario e ecolóxico<ref>Jean-Sébastien Pierre ''[http://perso.univ-rennes1.fr:8080/jean-sebastien.pierre/cours/Domestication%2005.pdf Éthologie et domestication]'', 2005, Universidade de Rennes 1, clase, 34 p, páxina 20.</ref> (especies euriocas). Os desprazamentos e introducións por parte do ser humano de especies domésticas a lugares onde non estaban presentes tivo consecuencias importantes sobre o equilibrio ecolóxico dende o [[neolítico]],<ref>Vigne J.-D., 1994. « Les transferts anciens de mammifères en Europe occidentale : histoires, mécanismes et implications dans les sciences de l’homme et les sciences de la vie », En : ''Des animaux introduïts par l’homme dans la faune de l’Europe'' (L. Bodson, editor). Colloque d’histoire des connaissances zoologiques, 5, UniversitéUniversidade de LiègeLiexa, B : 15-38.</ref> xa que poden converterse en [[especie invasora|especies invasores]] e provocar a desaparición de especies locais.
 
=== Aspecto comportamental ===