Río Rin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liexa
Liña 50:
* [[Río Mosela|Mosela]]: ao longo dos seus 545 km. atravesa tres países: [[Francia]], [[Luxemburgo]] e Alemaña. Nace no macizo francés dos [[Vosgos]] e discorre en dirección norte ata ser fronteira natural entre Luxemburgo e Alemaña. A partir de aquí toma a dirección nordeste, xa en territorio alemán, no estado de Renania-Palatinado, ata confluír co Rin pola súa esquerda en Coblenza. Cidades importantes polas que pasa son a francesa de [[Metz]] e a alemá de [[Tréveris]].
* [[Río Ruhr|Ruhr]]: coma o Lahn, nace na rexión de Sauerland e o seu curso de 221 km. discorre enteiramente polo estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia. O seu [[Val do Ruhr|val]] está densamente poboado e industrializado, sendo unha das rexións máis urbanizadas de [[Europa]]. Baña as importantes cidades de [[Dortmund]], [[Bochum]], [[Essen]] e [[Duisburgo]], pouco despois da cal desemboca no Rin pola dereita.
* [[Río Mosa|Mosa]]: do mesmo xeito co Mosela, percorre tres países nos seus 950 km.: Francia, [[Bélxica]] e os [[Países Baixos]]. Nace no planalto francés de [[Langres]] e discorre en dirección norte pasando polas cidades francesas de [[Verdun]] e [[Sedan]]. Ao chegar á cidade belga de [[Namur]] xira ao leste ata [[Liège|Liexa]] onde retoma o norte para entrar nos Países Baixos por [[Maastricht]]. Na súa desembocadura mestúrase co Rin pola súa marxe esquerda para formaren o [[Hollandsch Diep]], un río, esteiro e delta común.
[[Ficheiro:Meuse, in the french ardennes2.JPG|miniatura|500px|centro|O río Mosa nas [[Ardenas]] francesas.]]