Ludwig van Beethoven: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liexa
Liña 31:
[[Ficheiro:Ludwig van Beethoven's parents.jpg|miniatura|260px|esquerda|[[Johann van Beethoven]] (1740–1792) e Maria Magdalena Keverich (1746–1787), pais de Ludwig.]]
=== Orixes familiares ===
A familia de Ludwig van Beethoven<ref group='nota'>A partícula ''van'' do seu nome, equivale en [[lingua holandesa|holandés]] a preposición[[lingua galega|galega]] ''de'', contrario ao que puidese crerse, non posúe [[Nobreza|orixes nobres]], mentres que ''Beethoven'' probablemente puido haberse derivado de [[Betuwe]], unha localidade de [[LiègeLiexa]], aínda que outra hipótese apunta a que o apelido provén de ''Beeth'', que quere dicir [[remolacha]] e ''Hoven'', que é o plural de ''Hof'', que significa [[granxa]]. Desta forma, «Beethoven» viría significar «granxas de remolachas» {{cita web | url=http://www.lvbeethoven.com/Bio/LvBeethoven-OrigenesBeethoven.html | editor=lvbeethoven.com |título=Genealogía de Beethoven | dataacceso=11/05/2013|lingua=castelán}}</ref> vivía baixo condicións modestas. Beethoven foi neto dun músico de orixe [[Flandres|flamenga]] chamado Lodewijk van Beethoven (1712–73) (''Ludwig'' é o equivalente alemán do neerlandés ''Lodewijk'') que foi contratado como voz baixo na corte do arcebispo de Colonia, e ascendeu ata converterse en ''kapellmeister'' (director musical). Lodewijk tivo un fillo, Johann van Beethoven (1740–1792), que traballou como tenor no mesmo conxunto musical, e tamén dando clases de [[piano]] e [[violín]]. Johann casou con Maria Magdalena Keverich en [[1767]]; ela era unha moza viuva filla de Johann Heinrich Keverich, que fora xefe de cociña do arcebispado de [[Tréveris]].
 
Beethoven naceu deste matrimonio en [[Bonn]]. Non hai rexistros auténticos da data do seu nacemento; porén, o rexistro do seu bautismo, nunha igrexa católica da parroquia de St. Regius o [[17 de decembro]] de [[1770]], sobrevive. Nesa época era tradicional bautizar aos nenos o día despois do seu nacemento nesa zona, e sábese que a familia de Beethoven e o seu mestre Johann Albrechtsberger celebraban o seu aniversario o [[16 de decembro]], e a meirande parte dos estudosos aceptan esa data como a do seu nacemento. Dos sete fillos de Johann van Beethoven, só Ludwig, o segundo, e dous irmáns pequenos sobreviviron á infancia. Caspar Anton Carl bautizado o [[8 de abril]] de [[1774]], e Nikolaus Johann, o máis novo, bautizado o [[2 de outubro]] de [[1776]]. Os biógrafos non teñen claras as datas de nacemento exactas de ningún dos fillos de Maria Magdalena Keverich.<ref>{{cita web | url=http://www.lvbeethoven.com/Famille/FamilyTreeKarl.html | título=Karl van Beethoven's family tree | dataacceso=11/05/2013 | lingua=inglés}}</ref>