Valentiniano II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retirando link para o próprio artigo
Lansbricae (conversa | contribucións)
Liña 3:
== A Xuventude ==
 
Tras a morte de [[Valentiniano I]] no [[375]], as lexións nomean o seu fillo Valentiniano como emperador, tendo por aquel entón só catro anos. Pero o ''augustus'' elexido dende o ano [[367]] era [[Graciano]], o seu irmán maior, e que contaba por aquel entón 16 anos. Este acepta este feito e cédelle as provincias de [[Illiricum]], [[Italia]] e [[África]], aínda que as gobernaria como rexente deica a maioria de idade de Valentiniano. O Imperio de Oriente continuaba en mans do seu tio [[Valente]], irmán de Valentiniano I.
 
Valentiniano I estableceuse en [[MilanMilán]], xunto coa sua nai Xustina, que era quen levaba os asuntos do seu fillo. Esta era arriana, e o bispo de Milán [[Ambrosio]] estaba firmemente decidido a rematar con todalas correntes da igrexa fóra da liña establecida. A fama de Ambrosio viña dende a morte do derradeiro bispo de Milán, [[Auxencio]], no [[374]]. Ambrosio defendeu de tal xeito o catolicismo, que en oito dias foi bautizado, ordenado sacerdote e nomeado bispo da cidade. Cando Xustina tentou de nomear un bispo arriano, Ambrosio pechouse na basílica e as tropas romanas non foron quen de violar a igrexa, tendo a titora que deixar para outra ocasión mais feble a sua política eclesiástica.
 
Mentres tanto, a presión dos [[hunos]] levou os [[visigodos]] a invadir o Imperio Oriental, e Valente veuse obrigado a firmar unha paz rapida cos persas para se enfrontar contra esta nova invasión. Mediante unha estrataxema, os visigodos vencen a Valente en [[Adrianópolis]], e este morre na batalla. Agora Graciano queda coma emperador, pero vendose incapaz de afrontar a situación, chama a [[Teodosio]] o hispano, para que se encargue do goberno de Oriente. Era o ano [[379]], e Valentiniano II só contaba con oito anos de idade.